Publicidad:
La Coctelera

Cultura sen Censura!

21 Septiembre 2007

DESPOIS DA GRESCA

Tardei moito en escribir despois dese pedazo de festival que armamos, pero é que a resaca, o cansancio, os exames de setembro e a "volta ó cole" non me deixan mito tempo...

Creo que non fai falla describir o que pasou logo deses impresionantes comentarios que non chegaron ó blog, polo que imos pasar páxina.

Que sepades que estamos a recopilar tódalas fotos sacadas durante a Gresca para faceres un mural ou algo así, así que se tedes algunhas e nolas queredes emprestar, non o dubidedes!

Ademais, o próximo sábado reunirémonos para falar de novos proxectos, pis isto non se vai quedar aquí, hai moito que facer...

Así que, se aínda sen ser socios nos queredes propñer novas actividades, adiante!

Polo momento, isto é todo. Déixovos co videoclip de Macina, Quéimame, presentado o venres da Gresca. Que vos parece?

servido por asociacion-cultural-lucerna 4 comentarios compártelo

1 Septiembre 2007

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A GRESCA!

Bueno, bueno, agora sí que comezou a conta atrás...

Por iso, imos ir informando de todo o novo sobre A Gresca que se está concretando:

- Teremos zona de acampada nun fermoso pinar que hai detrás da zona do festival. Para quen veña:RESPETADEO E MANTÉDEO LIMPO.

-Estanse tratando de organizar unha serie de xornadas informativas que terán lugar paralelamente ós talleres e demais actividades da tarde.

-Posiblemente o sábado á tarde haxa unha exibición de graffiti, por concretar hora.

-Como sabedes, na Gresca intentaremos colaborar co medioambiente producindo a mínima cantidade de lixo posible, por iso contaremos cuns vasos ecolóxicos, que se poderán mercar e reutilizar. NON SEXAS AGARRADO, QUE SON MOI CHULOS!

Bueno, por agora é todo o que queriamos comunicar ós nosos gresqueiros.

Esperamosvos o próximo venres!

Tags: gresca

servido por asociacion-cultural-lucerna 15 comentarios compártelo

30 Agosto 2007

ROLDA DE PRENSA DA GRESCA

Hoxe terá lugar a rolda de prensa da Gresca, ás 5:30 na aula da cultura de Cerceda.

Nesta rolda expoñeranse tanto os obxectivos principais que pensamos acadar con este acontecemento como tódolos grupos e actividades que estarán presentes durante ese inesquecible fin de semana.

Ademais, un grupo de xente de Catalunya falará tamén desta gran experiencia mediante un video.

Pero como nós temos "enchufe" xa podemos ofrecervos o video antes da rolda.

A desfrutalo e ainformarse, que xa queda pouco!!!

Tags: gresca

servido por asociacion-cultural-lucerna 2 comentarios compártelo

23 Agosto 2007

PONTE LOUCO

O pasado fin de semana tivo lugar o Festival PONTE LOUCO, de Castro CAldelas.

Este festival, que xa está cadando a súa madurez festivaleira, realízase nesta fermosa vila, nun castelo, polo que te podes sentir todo un señor feudal, ...

Xa subindo cara ó pobo, por unha estreitiña estrada que bordea os Canóns do Sil, a vista é inmellorábel.

O castelo no que se fai está no centro da vila. O escenario móntase no patio e ti podes andar por todo o castelo como se foses unha "princesiña " máis. Por certo, este fermoso castelo é propiedade da Duquesa de Alba...

Este ano ata nos puxeron unha catapulta, que algúns non duvidamos en intentar utilizar...

A festa comezou cedo, da man dos Veraneantes, que, como non era de extrañar, animaron á xente polo pobo adiante. Algúns ata se animaron a faceres de espontáneos en fotos de grupo, como esta duns poucos gresqueiros que nos fomos de festa con eles...

Xurxo Souto comezou abriu o festival co seu pregón, no que non parou de repetir, PONTE LOUCO


Logo escomezaron a tocas os FAbulosos Cubatatas, que nos fixeron rir a todos coas súas pintas ó Toni Manero e as súas versións con letra propia e a súa apoloxá á bica de Trives...

A continuación a BAnda Potemkin fíxonos bailar coa súa Calindra Xida

Logo chegaron os que, segundo o blog de Ponte Louco, ían ser os tralleiros da noite, os Cuchufellos, que nos fixeron bailar e rir a partes iguais...


E por último, os máis temidos dos sete mares, os Tres Trebóns, cos que sacamos as poucas forzas que nos quedaban para seguir brincando....


PONTE LOUCO ti tamén o ano que ven con nós. Un festival incomparabél polo seu entorno e polo bo rollo que se respira. Aínda que a dor de pés do dá seguinte non cha quita ninguén...



Tags: ponte, louco

servido por asociacion-cultural-lucerna 5 comentarios compártelo

10 Agosto 2007

A GRESCA

XA ESTÁ AQUÍ!!!

Estamos currando moito para que en setembro poidades desfrutar con nós e coa nosa maneira de promulgar a cultura- sen censura!!!

Como vedes, hai moitos grupos e actividades programadas para esta fin de semana, pero para que vos enteredes mellor, ahí vos vai o programa...

Pois iso, contamos convosco para esta Gresca.

Se queredes participar máis de preto na Gresca, botándonos unha man, o xoves 16 realizaremos unha macro-reunión no campo da feira de Cerceda, para que todos os que nos queirades axudar vos poidades enterar de cómo están as cousas e meternos un pouco máis na organización.

MÁIS INFORMACIÓN EN MYSPACE.COM/AGRESCA

Tags: gresca

servido por asociacion-cultural-lucerna 10 comentarios compártelo

7 Agosto 2007

"BIENVENIDO A TIJUANA"

Así se presentou Manu (Chao) o pasado sábado en Vigo a unha multitude ávida do seu peculiar son logo dun longo silencio.

O concerto tivo lugar en Vigo, na esplanada dos trasantlánticos, todo un acerto a non ser polos espabilados que desfrutaron do concerto de balde dende a súa ghameliña.

Antes de Manu tocaron Galegoz e Le Punk, aínda que ninguén lles fixo demasiado caso, pois todos iamos ó que iamos...

Despois de dúas horas detralla e catro vises, durante os cais desfrutamos dunha grata sorpresa: Pulpiño e seu acordeón acompañando a Radio Bemba, e outras non tan gratas, como as Gharotas en suxeitador, como reclamo de algo que non remato de entender...

Pero non rematou ahí. Logo de dicirnos adeus con Minha Galera, volveu a saír do escenario cunha convidada moi especial: Josefa de Bastabales, aquela señora que coidou de Manu durante a súa prolongada estancia en Galiza e que lle inventou o alcume de "O Desaparesido".

Josefa botoulle uns cantes como ela ben sabe, primeiro acompañada de Manu e logo das Gharotas. Pareceume incríbel a forza que saía desa señora- que xa debe rondar os 70- as 3 da madrugada.

Cando Josefa se foi o público coreu "Josefa, Josefa", pero logo comprendemos que xa rematara.

En fín, un concerto con maiúsculas coa única pega do preliminar cacheo na entrada e as cañas- mini-cañas- a 3€...

Manu, volve pronto!!!

Pd- en setembro en Allariz (10) coa Banda Potemkin

Tags: manu, chao, radio, bemba, musica

servido por asociacion-cultural-lucerna 2 comentarios compártelo

2 Agosto 2007

VAIA RITMO!

Supoño que moitos de vos xa veriades este video no noso preciado Youtube, ou ncluso no "parte".

Para quen non o vise, este grupo chámase Ok Go e esta canción Here it goes again.

Nun principio, non é nada doutro mundo, pero ó ver as peripecias totalmente sincronizadas que fan neste video enriba dunhas cintas para correr- para min un archiinimigo- un quédase sorprendido.

Velaí un exemplo dun video musical orixinal, inolvidabél e barato.

Pd: OLLO A MYSPACE.COM/AGRESCA

Información sobre o festival que estamos a organizar.

Tags: ok, go, here, it, goes, again, musica

servido por asociacion-cultural-lucerna 3 comentarios compártelo

30 Julio 2007

FARTA ME TES!

Ese foi o slogan que triunfou este ano no Festigal, ou polo menos as camisolas máis vendidas...

Outro ano máis, o Festigal arrancou o 24 de xullo con música, espectáculos, debates, galerías..., todo de balde e con moi bo rollo.

Este ano o cartel foi sonado, grazas a súa simpática"friki-avoa"...

Aínda que o 25 os grupos estiveron moi ben, eu quédome cos do 24.

De Loretta Martin, os encargados de abrir o concerto, xa falei, polo que vou a falar das miñas dúas novas achaduras: Terrakota e Babylon Circus...

Terrakota, os segundos en tocar, impresionáronme tanto pola súa espectacular cantante-bailarina como pola súa "música orgánica", como eles a denominan. Como os videos que grabei non quedaron moi aló por iso do equilibrio e o alcol, déixovos un pod...


O grupo seguinte, Babylon Circus, fíxonos andar a todos. Estes franceses si que saben meter tralla...

En canto a Dj Missill, aínda que non entendo moito dese tipo de música, creo que estivo moi ben. Ademais, grazas a ela as vendas de auga incrementáronse nun 100%, jeje!

Tags: festigal07

servido por asociacion-cultural-lucerna 3 comentarios compártelo


Sobre mí

Somos os jreñudos, os drojaditos, os terroristas, os rojillos de Cerceda. Eses ós que non lle justa traballar, que tan todo o día fumando cousas raras e escoitando música inescoitable. Somos os axitadores dun pobo morto, dun territorio caciquil. Aquí sejimos, facendo cousas raras, por unha CULTURA SEN CENSURA! contador
contador BlogESfera Directorio de Blogs Hispanos - Agrega tu Blog
directorio de weblogs. bitadir
Rate me on Bloggoggle blogs

Fotos

asociacion-cultural-lucerna todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera