A nova maneira de ser famos@...
Cory Kennedy, 15 anos, modelo e celebrity.
Esta adolescente americana representa unha nova maneira de ser famosa, que creou polémica en medio mundo.

Todo comezou cando Cory, natural de California, acudiu a un concerto dos Blood Brothers, onde coñeceu a un fotógrafo de renome na noite máis cool dos Ánxeles, apodado The Cobra Snake (http://www.thecobrasnake.com/partyphotos.html ). El sacoulle unhas fotos para colgalas no seu space e os seus asiduos pediron máis.

Dende aquel momento Cory comezou a asistir xunto o fotógrafo, que se converteu na súa parella aínda que tiña case seis anos máis ca ela, a tódalas festas máis cool. Grazas ós contactos que conseguiu comezou a realizar traballos como modelo, incluso foi portada en distintas publicacións.


Así, Cory converteuse nun fenómeno de Internet, contando con MySpace propio, varios Fotologs e Blogs. Como era de esperar, as revistas de moda comezaron a falar dela, dándolle títulos como Heroin Chic ou Freak.
Mentres que Cory vivía allea a toda a polémica que estaba levantando de festa en festa, os seus fans e enimigos aumentaron de maneira espectacular.
E, por fin, seus pais enteráronse de que a súa filla de xa 16 anos, pasara un "ano sabático" sendo o manikí dos saraos máis cool de California, que viaxara por medio país de festa en festa e tamén parte de Europa. Pronto decidiron tomar medidas, logo de ver algunhas fotografías da súa filla fumando, bebendo, bailando desenfrenadamente nun local neoiorquino, ou coas súas "amigas", entre as que destacan Paris Hilton ou Kelly Obsbourne.

Actualmente Cory está internada nun colexio para adolescentes con problemas emocionais, desintoxicándose e con acceso restrinxido ó teléfono ou a Internet.
Para moitos adolescentes do mundo Cory segue sendo un ídolo e un exemplo a seguir.
Para os coolhunters todo un descubrimento, pois nunca viran a unha rapariga de 15 anos con tantos Louis Vuitton no armario.
Para a "xente guapa" de California é unha colega de festas interminables.

Pero, realmente non é máis que un xoguete roto, unha rapaza que é famosa por ir de festa, beber e fumar (todo isto debidamente documentado con milleiros de fotos).
Aínda que Cory foi e segue sendo un fenómeno nos Fotolog, MySpace, Youtube, etc...
...realmente merece a pena ser famos@ por esta maneira de vivir¿?




