Tardei moito en escribir despois dese pedazo de festival que armamos, pero é que a resaca, o cansancio, os exames de setembro e a "volta ó cole" non me deixan mito tempo...
Creo que non fai falla describir o que pasou logo deses impresionantes comentarios que non chegaron ó blog, polo que imos pasar páxina.
Que sepades que estamos a recopilar tódalas fotos sacadas durante a Gresca para faceres un mural ou algo así, así que se tedes algunhas e nolas queredes emprestar, non o dubidedes!
Ademais, o próximo sábado reunirémonos para falar de novos proxectos, pis isto non se vai quedar aquí, hai moito que facer...
Así que, se aínda sen ser socios nos queredes propñer novas actividades, adiante!
Polo momento, isto é todo. Déixovos co videoclip de Macina, Quéimame, presentado o venres da Gresca. Que vos parece?





Deliciosa a resaca da Gresca!! Nunca ningunha resaca me deixara tan bó sabor de boca, nin nunca agradecera da mesma maneira o feito de estar feita polvo de cansada: que gusto estar cansada por colaborar con algo tan satisfactorio...
Por fin puiden ver o videoclip de Machina: cojonudo rapaces!!! Tiven a ocasión de velo antes da Gresca pero como me dixeron que a presentación iba ser o venres do festival quixen reservarme para sorprenderme ó tempo que o resto da xente, e... merda! Ese día tocou traballar, sobre todo a esas horas nas que se proxectou e aínda que me chegaba o son foi imposible poder ver as imaxes, pero... leveime a sorpresa agora e con moito gusto! PARABENS MACHINA
Parabéns a todos e todas os que fixestes posíbel o mellor festival feito en Cerceda e na comarca. Persoalmente non puiden disfrutalo moito, pero o pouco que puiden decateime de que meresceu a pena. O dito, grazas polos esforzos que adicastes todas e todos para que este festival saise adiante. Animarvos para continuar a facer cousas e que o proxecto de facer cultura en Cerceda saia para diante.
saudos
Que tal tod@s?
Empezarei dicindo que levo lido todo o que se comentou sobre A GRESCA (por suposto con maiúsculas) e pouco me queda por dicir, intentarei dicir o que penso.
Realmente quedei alucinado, confirmo e afirmo que foi "un antes e un despois para Cerceda" por moito que intenten negar e que se neguen a crer "alguns/unhas". Reitero o de unha organización "10", moi sobresaínte. Non puiden botar nada en falta... todo estaba na súa xusta medida, como collóns conseguistes eso?:
-Precios totalmente populares, xa non falemos da comida...
-Actividades a esgalla, o único problema que non había tempo para todo.
-Música de puta madre
-As charangas triunfaron
-Non falemos do circo nin dos talleres de música e circo
-O xogo do escalabirras ademáis de novidoso a esas horas especialmente atractivo
- A comida ademais de "casi regalada" boísima
-O tren de lavado ademais de sorprendente, totalmente funcional
-Os ecovasos...
-O deseño das camisetas e as chapas
-O perfecto funcionamento da barra
-Unha zona de acampada (quen ma dera nalgúns outros festivais...)
-Esa ducha rústica-romántica-abrijosa
-O BO ROLLO QUE SE RESPIRABA...
... non sei de que podo esquecerme, pero seguro que me quedan moitas cousas. O que sei é que non son quen de darlle unha calificación a esta GRESCA, aquí a cifra 10 quédaseme corta.
Eso sí, MOITAS GRAZAS por regalarnos todo esto, ós de Cerceda e ós que viñeron de fóra. Realmente foi un regalo para todos e a ver se algúns/unhas tomaran exemplo e se empezara a dar en Cerceda dunha vez por todas esa revolución cultural que algúns/unhas xa fai tempo que vimos reclamando.
A VERDADE É Q ESTE GRUPO ESTÁ MOI BEN, E XA CON VIDEOCLIP!??!VAIA NIVELAZO!!!
AÍNDA ASÍ, A VER SE O CURRAN UN POUCO MÁIS E DENTRO DE POUCO NOS SORPRENDEN CUN DISCO.
FORZA!