O pasado fin de semana tivo lugar o Festival PONTE LOUCO, de Castro CAldelas.
Este festival, que xa está cadando a súa madurez festivaleira, realízase nesta fermosa vila, nun castelo, polo que te podes sentir todo un señor feudal, ...
Xa subindo cara ó pobo, por unha estreitiña estrada que bordea os Canóns do Sil, a vista é inmellorábel.

O castelo no que se fai está no centro da vila. O escenario móntase no patio e ti podes andar por todo o castelo como se foses unha "princesiña " máis. Por certo, este fermoso castelo é propiedade da Duquesa de Alba...

Este ano ata nos puxeron unha catapulta, que algúns non duvidamos en intentar utilizar...

A festa comezou cedo, da man dos Veraneantes, que, como non era de extrañar, animaron á xente polo pobo adiante. Algúns ata se animaron a faceres de espontáneos en fotos de grupo, como esta duns poucos gresqueiros que nos fomos de festa con eles...

Xurxo Souto comezou abriu o festival co seu pregón, no que non parou de repetir, PONTE LOUCO

Logo escomezaron a tocas os FAbulosos Cubatatas, que nos fixeron rir a todos coas súas pintas ó Toni Manero e as súas versións con letra propia e a súa apoloxá á bica de Trives...

A continuación a BAnda Potemkin fíxonos bailar coa súa Calindra Xida

Logo chegaron os que, segundo o blog de Ponte Louco, ían ser os tralleiros da noite, os Cuchufellos, que nos fixeron bailar e rir a partes iguais...

E por último, os máis temidos dos sete mares, os Tres Trebóns, cos que sacamos as poucas forzas que nos quedaban para seguir brincando....

PONTE LOUCO ti tamén o ano que ven con nós. Un festival incomparabél polo seu entorno e polo bo rollo que se respira. Aínda que a dor de pés do dá seguinte non cha quita ninguén...





Un festival que leva un nome totalmente axeitado, realmente é para poñerse louco eso xa sin necesidade de licor café, ó que non se fai mención neste post. Bó entorno, boa xente, boa música, bó licor café, bó polvo (do de comer, eh?) e moi bo rollo. O peor de todo... co embelesados que estabamos coa boa música e brincando case nos marcha a ambulancia con un compañeiro que estaba a durmila fora do Castelo, cousas que pasan...
POIS SI Q DEBE DE MOLAR ESE FESTIVAL!
A VERDADE É Q NUNCA ESCOITARA FALAR DEL, PERO PARA O ANO, SE PODO, IREI A COMPROBALO X MIN MESMA...
ADEMAIS DEBE SER UNHA PASADA FACELO NUN CASTELO, E OS GRUPOS DESTE ANO FORON INMELLORABLES...
POIS ISO: PONTE LOUCO!
Eu tampoco escoitara falar dese festival. A ver se imos para o ano... polo q contas, ten boa pinta.
A verdade é que o Ponte Louco sen a xente de Cerceda sería moito menos louco.
Xa andamos argallando o PL 08 (que é o 2 de agosto, apuntade na axenda)
Máis info en pontelouco.blogspot.com
Por certo se podedes enviadenos fotos, que queremos facer unha recompilación deste e doutros anos a festivalpontelouco@hotmail.com
Manteremosvos informado, e que saia todo ben na Gresca
Saúdos
A verdade é que os de Cerceda sodes como da casa ímosvos nombrar pontelouquistas oficiais. É unha pena que nós non podamos ir á vosa "gresca". Moitas grazas por todo: por ser tan guais, por mercar camisetas, pins, chisqueiros, por facernos propaganda, por beber no bar e, sobre todo, pola vosa compañía. Moitos bicos dende o Castro