Publicidad:
La Coctelera

Cultura sen Censura!

7 Agosto 2007

"BIENVENIDO A TIJUANA"

Así se presentou Manu (Chao) o pasado sábado en Vigo a unha multitude ávida do seu peculiar son logo dun longo silencio.

O concerto tivo lugar en Vigo, na esplanada dos trasantlánticos, todo un acerto a non ser polos espabilados que desfrutaron do concerto de balde dende a súa ghameliña.

Antes de Manu tocaron Galegoz e Le Punk, aínda que ninguén lles fixo demasiado caso, pois todos iamos ó que iamos...

Despois de dúas horas detralla e catro vises, durante os cais desfrutamos dunha grata sorpresa: Pulpiño e seu acordeón acompañando a Radio Bemba, e outras non tan gratas, como as Gharotas en suxeitador, como reclamo de algo que non remato de entender...

Pero non rematou ahí. Logo de dicirnos adeus con Minha Galera, volveu a saír do escenario cunha convidada moi especial: Josefa de Bastabales, aquela señora que coidou de Manu durante a súa prolongada estancia en Galiza e que lle inventou o alcume de "O Desaparesido".

Josefa botoulle uns cantes como ela ben sabe, primeiro acompañada de Manu e logo das Gharotas. Pareceume incríbel a forza que saía desa señora- que xa debe rondar os 70- as 3 da madrugada.

Cando Josefa se foi o público coreu "Josefa, Josefa", pero logo comprendemos que xa rematara.

En fín, un concerto con maiúsculas coa única pega do preliminar cacheo na entrada e as cañas- mini-cañas- a 3€...

Manu, volve pronto!!!

Pd- en setembro en Allariz (10) coa Banda Potemkin

Tags: manu, chao, radio, bemba, musica

servido por asociacion-cultural-lucerna 2 comentarios compártelo

2 comentarios · Escribe aquí tu comentario

PORCO BRAVO

PORCO BRAVO dijo

MIMÁ!!!VAIA CONCERTAZO, EH ADRI!!!!!!!!!!!!!!!

BAILAMOS COMO POSESOS TODA A NOITE!!!!!!!!!

MANU SOUBO METER CAÑA ATA O FINAL!

XOSEFA...APOTEÓSICA!!!!!!!!!!!!VIVA XOSEFA, UNHA XOJONA DE CARALLO!!!!!!!!!

ESPERO Q EN ALLARIZ ESTÉN TAN BEN COMO EN VIGO, OU MELLOR!!!!!!!!!!!!!

UN BICO E ATA A PRÓXIMA.

8 Agosto 2007 | 01:55 PM

memuera

memuera dijo

Concertazo campal o de Manu...as noites de música con él son únicas...especiais e enesquecíbles...Espero que esté en Allariz, para disfrutar outra vez del con él....AMOR E PAZ E MESMO SOL PARA TODOS

9 Agosto 2007 | 05:43 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Somos os jreñudos, os drojaditos, os terroristas, os rojillos de Cerceda. Eses ós que non lle justa traballar, que tan todo o día fumando cousas raras e escoitando música inescoitable. Somos os axitadores dun pobo morto, dun territorio caciquil. Aquí sejimos, facendo cousas raras, por unha CULTURA SEN CENSURA! contador
contador BlogESfera Directorio de Blogs Hispanos - Agrega tu Blog
directorio de weblogs. bitadir
Rate me on Bloggoggle blogs

Fotos

asociacion-cultural-lucerna todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera