Publicidad:
La Coctelera

Cultura sen Censura!

30 Julio 2007

FARTA ME TES!

Ese foi o slogan que triunfou este ano no Festigal, ou polo menos as camisolas máis vendidas...

Outro ano máis, o Festigal arrancou o 24 de xullo con música, espectáculos, debates, galerías..., todo de balde e con moi bo rollo.

Este ano o cartel foi sonado, grazas a súa simpática"friki-avoa"...

Aínda que o 25 os grupos estiveron moi ben, eu quédome cos do 24.

De Loretta Martin, os encargados de abrir o concerto, xa falei, polo que vou a falar das miñas dúas novas achaduras: Terrakota e Babylon Circus...

Terrakota, os segundos en tocar, impresionáronme tanto pola súa espectacular cantante-bailarina como pola súa "música orgánica", como eles a denominan. Como os videos que grabei non quedaron moi aló por iso do equilibrio e o alcol, déixovos un pod...


O grupo seguinte, Babylon Circus, fíxonos andar a todos. Estes franceses si que saben meter tralla...

En canto a Dj Missill, aínda que non entendo moito dese tipo de música, creo que estivo moi ben. Ademais, grazas a ela as vendas de auga incrementáronse nun 100%, jeje!

Tags: festigal07

servido por asociacion-cultural-lucerna 3 comentarios compártelo

3 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Chus

Chus dijo

Ola lucerniñ@s e demais!
Estou moi de acordo coa túa selección de grupos do festigal eu disfrutei como xa facia tempo que non disfrutaba (algo tivo que ver o licor café... en Santiago é inevitable). Quedoume mágoa de non chegar a tempo de ver a Loretta Martin porque teños escoitado é gustanme ( ou "chirlan", como diría un compañeiro) e apetecíame moito velos en directo pero desta non puido ser... Xa pagou a pena cos seguintes que foi cos que empezamos a brincar e si TERRAKOTA daba pé a brincar cos BABYLON CIRCUS nin che conto, de feito escoitei que se sufriron algunhas lesións (tipo cabezazo e o conseguinte chichón, unha espetada de dentes nunha cachola, ...) En definitiva: boa música, bo rollo, bo licor café e moita festa!!!
Do mércores 25, destacar a KROKE, aínda que foi un cocerto moi "light", po meu gusto, A música non era para brincar coma o día anterior, aínda que calquera deles eran moi bos(Fía na roca, Nancy Viera e Kroke). Kroke fai folk polaco e destaco ese xeito de tocar o violín que moitas veces semella o sonido dunha guitarra, moi ben!
Os que este ano non aparecestes por alí, recomendovos que vaiades para o ano, sempre hai uns cocertos moi bos (eu cada ano descubro un grupo que me mola moitismo).

1 Agosto 2007 | 07:41 PM

MINHA XOIA

MINHA XOIA dijo

Eu tamén estou de acordo con Adri, os mellores grupos foron os do 24!

Dicirlle a Chus q non se perdeu nada por non ver a Loretta Martin. A verdade, eu escoitáraos moito e gustábanme, pero en directo non me gustaron nadiña. Non fixeron moverse á xente, cando fan música para bailarrr

En canto á Terrakota-IMPRESIONANTES- dicir ós interesados q me chegou o rumor de q van estar polas festas de Ordes xunto con Lamatumbá, pero non sei o día nin nada...caralho po Regos!

A Dj, a verdade, non me gustou demasiado, pero pq a min non me gusta ese tipo de música, q ela fíxoo de pm, q daba justo vela bailar mentres pinchaba.

Pero, sen dúbida, Babylon Circus molaron a saco!!!meteron unha tralla q cando remataron de tanto como me fixeron bailar parecía q me tirara nunha fonte.

Unha pequena a néctoda: eu tamén tiven un altercado con este grupo q tamén vai de chichóns e moratóns x meterme diante a brincar...pero o ben q o pasei non mo quita ninguén!!!

En canto ós grupos do 25, estaban ben, pero nin comparación cos do día anterior!!!

Destacar a Kroke, moi vos, aínda q demasiado relaxados para o meu gusto...

A sejir a´si de ben!!!

3 Agosto 2007 | 12:37 PM

Mónica Camba

Mónica Camba dijo

Eu non fun, pero polo que comentades estivo moi ben a cousa. Haberá que esperar á edición do 2008.

Moi simpático o deseño do cartel!!!

3 Agosto 2007 | 04:01 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Somos os jreñudos, os drojaditos, os terroristas, os rojillos de Cerceda. Eses ós que non lle justa traballar, que tan todo o día fumando cousas raras e escoitando música inescoitable. Somos os axitadores dun pobo morto, dun territorio caciquil. Aquí sejimos, facendo cousas raras, por unha CULTURA SEN CENSURA! contador
contador BlogESfera Directorio de Blogs Hispanos - Agrega tu Blog
directorio de weblogs. bitadir
Rate me on Bloggoggle blogs

Fotos

asociacion-cultural-lucerna todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera