Publicidad:
La Coctelera

Cultura sen Censura!

5 Julio 2007

WARHOLMANÍA

Supoño que xa todos sabedes de sobras quén é este home e qué é o que o fixo e fai tan famoso e recoñecido en amplos ámbitos- tamto artísticos como non- da nosa sociedade.

Polo tanto, neste post só imos repasar algúns dos puntos máis destacables da súa vida...uns poucos trapos sucios???

Como sabedes, Warhol fíxose famoso polos retratos que fixo de varias estrelas. Cecáis o máis famoso é este de Marilyn Monroe...

Aínda que, persoalmente, tamén me gusta moito o que fixo de Elvis

Ou de Jackie Kennedy- mentres durou-, que foi unha das súas musas...

Aínda que, sen lugar a dúbidas, a súa "gran perdición" sempre foi Mick Jaeger e os demais raparigos que se paseaban pola súa "fábrica" con pantalóns axustados...

Sen dúbida, Warhol foi máis que un artista; tamén foi un publicista- quen non lembra o redeseño da sopa Campbell?-, un relacións públicas e, sobre todo, tal e como el se describía, un impresentable e un soñador...

Cecáis, a súa gran oportunidade chegou coa apertura da súa Factory en 1963, todo un hito para os locais de moda con certo toque underground... En realidade, só se sabe o que pasaba alí por oídfas: drogas, modelos, xente "guapa" e terriblemente rica, sexo...en fin, todo un paraíso ó que xa chegamos tarde...

Pero ademais, este ecléptico e polifacético artista, tamén foi mecenas de modelos- como Nico- e de bandas underground dun New York pouco comercial.

Isto lévame a nomear a Velvet Underground, banda creada a mediados dos 60 que integrou o que Warhol denominaba "noise" no rock.

Esta banda, composta nun principio por Lou Reed, John Cale, Moe Tuccker e Doug Yule só era unha simple banda underground máis dun New York cargado de novas emerxencias musicais.

A súa sorte cambiou cando Warhol se converteu no seu mánager e comezou a facer cambios: primeiro, introduciu a Nico- modelo e estrela de moda da Factory- na banda como cantante e, logo de filmalos durante un ensaio, creou o Exploding Plastic Inevitable; un espectáculo de luces, proxeccións e bailarinas no que a banda tocaba...

Aínda que Nico durou pouco na Velvet, no 67 sacaron un álbum cuxa pòrtada; creada por Warhol, por suposto, marcou un hito...

Como xa non me queda nada que dicir de Warhol que non saibades déixovos con "Sunday Morning", da Velvet, que vos sonará moito porque pon música a un anuncio actual...


Como curiosidade, contarvos que o nome desta banda vén dun libro de sadomasoquismo de Michael Leigh titulado "The Velvet Underground" que o irmá de Moe Tucker se atopou un día tirado na rúa...

Así era Andy Warhol...

servido por asociacion-cultural-lucerna 2 comentarios compártelo

2 comentarios · Escribe aquí tu comentario

BaRBaRa

BaRBaRa dijo

Hola!!! Sé que sos de las pocas personas que en verano sigueeen con el blog: esooo es una persona fiel!!!!!!

Solo quiero pedirte un favorsito gigaaaante para mi.....

con tu cuenta de blog abierta (o sea, con el login en la coctelera hecho) deja un comentario en esta dirección...

porfaaa...si tenes un segundin....pasate y deja un comentario, aunke sea malo....= tambieeen valeee!!!

jejeje

un beso enorme....graciasss

6 Julio 2007 | 01:22 PM

O Moucho

O Moucho dijo

Andy estivo de exposición no Verbum de Vigo ata o 24 de Xuño con 41 obras orixinais, entre elas a marilyn e a soupa...Todo un fenómeno esta persoaxe.

6 Julio 2007 | 04:27 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Somos os jreñudos, os drojaditos, os terroristas, os rojillos de Cerceda. Eses ós que non lle justa traballar, que tan todo o día fumando cousas raras e escoitando música inescoitable. Somos os axitadores dun pobo morto, dun territorio caciquil. Aquí sejimos, facendo cousas raras, por unha CULTURA SEN CENSURA! contador
contador BlogESfera Directorio de Blogs Hispanos - Agrega tu Blog
directorio de weblogs. bitadir
Rate me on Bloggoggle blogs

Fotos

asociacion-cultural-lucerna todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera