AS FOTOGRAFÍAS DO SÉCULO XX
Dende fai xa uns meses andan rondando por ahí distintas versións/opinións de cáles son as mellores fotografías- ou as que mellor describen- do século XX.
Eu tamén vou a facer a miña selección, apoiándome nun artigo dun número da Muy Interesante.
- Comezamos a nosa andaina en 1929, cun fotgrama do filme de Buñuel "Un perro andaluz", que denominaremos como a TRANSGRESIÓN. ¿quen máis que Buñuel e Dalí se atreverían a filmar unha cousa tan grimosa e expresiva á vez?

- Continuamos cunha foto tomada en 1936 por Dorothea Lange, durante a Gran Depresión. Florence Thompson tiña entón 32 anos, sete fillos e o posto. Nese momento era unha xornaleira máis dos campos de California, en busca da dignidade que lle fora arrebatada.

- Ese mesmo ano estala a Guerra Civil e Frank Capa, o denominado dende aquela "o reporteiro da guerra", consegue esta instantánea que pasaría á historia.

- En 1939, allea á toda a situación mundial, a revista Vogue publica esta creación de Horst P. Horst, "Corsé Mainbocher", que mostra tanto a seducción como a sensualidade, así como tamén a frivolidade das clases altas respecto da situación de miles de persoas que estaban a morrer por mor da situación á que os gobernos conduciran a medio mundo.

- En 1945 chegarían dúas fotografías "heroicas", unha da chegada de tropas da URSS a Berlín e outra duns patrióticos soldadiños yankies en Iwo Jima


- En 1950 chega unha imaxe máis romántica do mundo da man de Robert Doisneau, cun bico roubado a unha parella parisina. Por certo, a polémica abriuse fai pouco, cando ela vendeu a súa copia da foto alegando que só fora unha relación pasaxeira. Adeus ó romanticismo...

- En 1951, unha instantánea sacada a Einstein convértese nun símbolo de xenialidade e rebeldía da man dun home que sacou a lingua ós máis sólidos principios da física.

- Nos 60 chega a liberación, o movemento hippie, o neomarxismo da Escola de Frankfurt, a renovación das ideas...UNHA REVOLUCIÓN CULTURAL E IDEOLÓXICA, á que contribuíu Che Guevara, sempre lembrado por este retrato sacado por Alberto Gutiérrez.

- No 67 unha portada dun disco dos Beatles abrirá vellas feridas e lembranzas. Sergeant Pepper´s Lonely Hearts Club Band, deseñado por Peter Blake, xuntou a Oscar Wilde, Karl Marxou ou Johnny Weissmuller...toda unha banda.

- Ese mesmo ano, Warhol fai inmortal á venerada Marilyn Monroe coa súa serie adicada a ela. Todo un icono aínda lembrado e estampado en camisetas, bolsos, moedeiros...Todos somos Marilyn!

- No 69, tras unha carreira espacial coa URSS, Neil Armstrong pon un pé na lúa por primeira vez na historia da humanidade e deixa unha pegada que significa o fin dunha carreira e o principio de novas aventuras espaciais.

- No 72, unha imaxe dunha nena vietnamita correndo aterrorizada, fuxindo do napalm que queimaba o seu mundo, daría a volta ó mundo e abriría un debate sobre a utilización destas bombas contra a poboacción.

- En 1989 chegaría a nós outra imaxe, entre heroica e de impotencia. Trátase da bautizada como "Tiananmen", na que un espontáneo se plantou ante os tanques do exército comunista para berrar que xa abondaba. Que foi del? Ninguén o sabe, aínda que hai fotógrafos que xuran ter fotos del antes de que o executaran...

- Non me gustaría rematar sen facer unha alusión ó festival de Woodstock, elevado agora á categoría de idílico. Non sei cómo sería en realidade, pero non me importaría comprobalo...

Hai moitas máis fotografías emblemáticas do pasado século, pero eu quédome con estas.
Ide escollendo as deste século para cando nos toque facer contas...






o rei do mambo dijo
Ola,
Paréceme bastante acertada esta selección de fotografías, pero me parece que che falta algunhas fotografías que (ao meu parecer) deberías telas presente. Agora mesmo non podo, pero prometo non tardar moito e engadir algún enlace con estas fotografías que, ao meu entender, deberían estar aí.
saudos
28 Junio 2007 | 12:49 PM