Acábame de chegar un mail cun enlace a unha páxina na que se pode ler un cómic un tanto heavy sobre a perspectiva dun súper-hiper-mega-macro- facha/ ignorante- alias pai preocupado- sobre a normalización lingüística en Galiza...




Bueno...xa non sei qué dicir... só se me ocorre MANDA CARALLO!!!

O máis forte de todo isto é que eesta é unha adaptación dun cómic de EEUU contra os homosexuais, que podedes ver en

http://www.chick.com/reading/tracts/1052/1052_01.asp

Despois que se a "juventú", que se os botellóns, que se as "drojas"...a moitos pais había que facerlles un exame psicolóxico, porque, vendo o que fixo este, como lle sairán os fillos...?

En fin, POLO USO DO GALEGO SEN PERXUÍZOS!!!

pd_parabéns a unha JARRAITXA que hoxe está de Aniversario. Non é o mellor post co que felicitarte, pero así rabeas un pouco...