ANNIE LEBOWITZ: DE ROLLING STONE A VANITY FAIR
Annie Lebowitz é, sen dúbida, unha das artistas que proporcionou máis imaxes icónicas no pasado século e que se segue reinventando no presente...

Esta fotógrafa naceu en 1949 en Westport, Connecticut, no seo dunha familia "artística".
Con só 21 aniños, foi posta en nómina no equipo da revista Rolling Stone, un icono musical na época. Por aquel entón, comeza a interesarse polas estrelas de rock, ás que capta en movemento durante os concertos. De feito, en 1975 acompañou ós Stones na súa xira. O resultado? Tres portadas impresionantes...
"morritos Jagger" durante a xira do 75
En 1971 licénciase na San Francisco Art Institute, mentres traballa nun estudo con Ralph Gibson.
O seu golpe de sorte e factor detonante do seu recoñecemento chega en 1973, cando a nomean fotógrafa xefe da Rolling Stone.
Lonxe de dar un xiro radical, Lebowitz segue na súa liña: retrata ós personaxes- todos famosos- acentuando algún aspecto, usando todo o corpo, intentando capturalo en movemento. O resultado é insuperable: cheo de frescura e dramatismo.
Durante esta etapa sacará as fotos que máis repercusión terán na súa carreira; como a portada de John Lennon e Joko Ono nunhas fotografías sacadas un día antes do seu asasinato.

En 1983 decide tomalo con calma e independizarse. Nesta época comeza a colaborar con Vanity Fair...

Ademais, ese mesmo ano abriu a súa primeira exposición en solitario e publicou o seu primeiro libro "Annie Lebowitz, Photographs".
Pouco despois recibe o seu primeiro premio da man da American Society of Magazine Photographers, como fotógrafa do ano.
En 1990 funda o seu propio estudo en New York, por onde cada día se fai máis común ver a algún famoso rogándolle un retrato.
Whoopi Goldberg
No persoal, foi parella de Susan Sontag, unha importante escritora tanto de ensaios como de novelas, que faleceu no 2004.

En 1996 publica un novo libro, "Olympic Portraits", que mostra atletas olímpicos entrenando, pouco antes das Olimpiadas de Atlanta.

Lance Amstrong

Cecáis, o último "escándalo" que provocou foi froito dunha portada para Vanity Fair na que sae Tom Ford con Scarlett Johanson e Keira Knigtley totalmente desnudas. Rumoréase que na foto falta unha terceira que se botou atrás...Natalie Portman.

Supoño que comprendedes por que causou tanta polémica...
Tom Ford tamén tería que estar desnudo, non?
O caso é que nos quedan "LEBOWITZIDADES" por moito tempo, espero!





MINHA XOIA dijo
SI, AVERDADE É Q A LEBOWITZ É MOI BOA.
AÍNDA ASÍ, A MIN GÚSTAME MÁIS FRANK KAPPA, Q, POR EXEMPLO, EN ESPAÑA FIXO A FAMOSA FOTO DO MILICIANO CO TIRO NA CACHOLA.
ERA TODO UN XENOI DA FOTOGRAFÍA DE REPORTEIRO, AÍNDA Q MOITAS DELAS, SOBRE TODO AS Q SACOU NA GUERRA CIVIL ESPAÑOLA, SON UN TANTO DURILLAS.
AÍNDA ASÍ, LEBOWITZ FIXO TRABALLOS COJONUDOS. AS FOTOS Q SACOU A LENNON E JOKO O DÍA ANTES D Q O ASASINARAN MARCOU UN HITO NA FOTOGRAFÍA, E É Q SON UN PUNTAZO, É COMO UN ADEUS Á SÚA MULLER. MESMO NA PORTADA DA ROLLING Q TES AHÍ POSTA, SE TE FIXAS, PARECE Q SE ESTÁ DESPEDINDO DELA...
SEN DÚBIDA FOI A FOTÓGRAFA DO ROCK DOS 70, PERO PARA MIN CAGOUNA CANDO COMEZOU A TRABALLAR PARA VOGUE, VANITY FAIR E COUSAS ASÍ.
NON DIGO Q AS FOTOS Q FIXO PARA AS REVISTAS DE MODA NON SEXAN BONITAS, PERO NON ME ESPERABA ALGO ASÍ DUNHA MULLER Q CON 24 ANIÑOS SE FOI DE XIRA COS ROLLING, EN PLENO APOXEO JAGGER/RICHARDS- CO Q SE DI Q TIVO UN ROLLO DURANTE ESA XIRA....
13 Junio 2007 | 10:02 AM