The Wall, na súa versión orixinal, é un filme no que Pink Floyd pon a música, pero tamén algo máis...



Na miña opinión, este filme, baseado nos típicos musicais, marcou un antes e un despois na historia do cine contemporáneo.

Nel, vése a progresión paranoica que sofre un cantante famoso, xa que de pequeno seu pai, un piloto de guerra, morre, o que o traumatiza dunha maneira insospeitable.

Así, axudándose dunhas incribles ilustracións, móstranse os pensamentos, soños, etc, do protagonista, que chegan a superar a ficción, envolvéndoo nun mundo confuso no que está fóra de control.

Ademais, o interesante deste filme é que en realidade está a denunciar a sociedade actual de maneira metafórica. Por exemplo, as cabezas planas poden ser interpretadas como xente que só fai o que fai a maioría, ou os terribles mounstruos que atacan en primeiro unha cidade que logo se converte nun deserto como os grandes dirixentes mundiais, a faceres das súas...

Como as interpretacións son moi subxectivas, espero que me axudedes con isto ou que, polo menos, me contedes que vos parece.

Para rematar,¿Que tal se lembramos Another Brick in the Wall?