Comezo este post formulando unha pregunta que intentaremos ir solventando pouco a pouco...

O mesmo alcalde de Cerceda, dixo no seu mítin que Estrelas Menudas era o acto cultural máis grande do concello e dos arredores; como resposta- entre outras demandas- á Cochikeira, na que a letra dí "(...)non mo tomedes a mal, pero eu non mandaría ó meu fillo a Estrelas Menudas a facer o subnormal(...)".

Se lestes o post da Cochikeira, xa saberedes a polémica que se formou en torno a esta letriña, que, na miña opinión, non ten nada de malo, a non ser que llo queiras buscar...Non creo que os seus intérpretes pensasen en ningún momento en chamarlles subnormais ós rapaces de Cerceda, pero como cada un entende o que quere...

Pero, sen desviarnos do tema, o caso é que, parece ser que o evento cultural máis sobresaínte deste noso concello é unha copia do programa de Bertín Osborne- Lluvia de Estrellas, creo lembrar- no que os rapaces se disfrazan de grandes "estrelas da música internacional"- tomando a definición que daría dos imitados os 40 Principales- e fan un playback e unha coreografía que lles ensinan......¿É ISO CULTURA?

POIS EU NON LLA ATOPO, E VOS? Como dixo Nitram Zero nun comentario, ¿non sería mellor que eles mesmos fixeran algo máis creativo?

É bastante alarmante que invistan case todo- por non dicir todo- o orzamento de cultura nun acto de tal "calibre" e que asociacións como a nosa, cun gran festival de música entre mans, se quede " a velas vir" cunha porcentaxe de subvención mínima e ridícula.

En fin, creo que o mellor vai ser calar, xa que parece que entre a xente hai moito defensor de tal "evento cultural". ëche ben penoso que o mesmo alcalde abogue por manter a ignorancia no seu concello, senón mirade na súa páxina a magnífica oferta de cultura que se nos ofrece....

Mentres tando, nós seguimos e seguiremos eiquí, LOITANDO POR UNHA CULTURA SEN CENSURA, diga o que diga Liñares e os seus secuaces.

A nosa cabeza é nosa, e usámola como nos dá a gana, non como nos dí ese energúmeno!

Espero que os raparigos que participan en Estrelas Menudas se den conta algún día de que non se trata dun acto cultural, senón dun acto absurdo co que hai que rematar dunha vez.

A CULTURA NON TEN NADA QUE VER COA APOLOXÍA ÁS GRANDES INDUSTRIAS MSICAIS MULTINACIONAIS, nin con meterllo ós rapaces de Cerceda dende pequenos por vena a base de "cenitas" e vestiario- que agasallan, polo menos ó "coro", cada ano, cos cartos dos impostos de todos-, dende logo, non pasará vergonza dicindo esas cousas???

E SE É TAN CULTURAL, PARA O ANO, QUE VAIA CANTAR TAMÉN O ALCALDE!