Publicidad:
La Coctelera

Cultura sen Censura!

2 Junio 2007

CLOCKWORK ORANGE

A Laranxa Mecánica, do maestro Stanley Kubrik é, sen dúbida, un dos hitos cinematográficos do noso século.

Supoño que a maioría de vos xa a veriades, e, para quen non, a que estás esperando???

Persoalmente, é un dos meus filmes favoritos, unha obra maestra.

Moita xente pensa que é un filme terríbel, que exalta explícitamente a violencia, aínda que iso só é a primeira capa dun guión, baseado nunha novela de Anthony Burguess, que hai que meditar un pouco para entender o que se nos quere dicir...

Como non sei qué máis dicir deste filme, ó que só podo alabar, déixovos cun video para ir abrindo boca e comentar...

NON TOMEDES Ó PÉ DA LETRA O DA ULTRAVIOLENCIA, A VER SE IMOS TER IN DISJUSTO, EH!

Tags: clockwork, orange

servido por asociacion-cultural-lucerna 3 comentarios compártelo

3 comentarios · Escribe aquí tu comentario

MALANECORA

MALANECORA dijo

Obras maestras pode haber bastantes, pero películas perfectas hai poucas. "La naranja mecánica" é unha delas. O virtuosismo de Kubrick detrás das cámaras, admirando cada detalle por pequeno que sexa, está aquí a niveles moi altos, aínda que en "Barry Lyndon" chegarían aínda mais arriba.

4 Junio 2007 | 08:03 PM

O Moucho

O Moucho dijo

Unha curiosidade, Kubrick prohibiu que se estrease en Inglaterra, onde el vivía, polo violenta que é. De feito a raiz da pelicula apareceron bandas ultraviolentas que intentaban imitar a Alex e a súa panda...

Ademais, o libro de Anthony Burgess no que se basou a película, e que está composto por 20 capítulos, fáltalle o 21, que non foi incluido. Neste capitulo Alex, ó librarse do efecto Ludovico, volve as andadas ata atoparse cun vello "cómplice" que xa está casado. Ó velo Alex decide madurar, e deixa así un concepto de evolución na obra.

Eu creo que está mellor tal e como está.

Bueno, e o ultimo dato curioso: O seu autor (Anthony Burgess) para a historia inspirouse nun suceso que lle ocorreu á sua esposa: En 1944, catro soldados estadounidenses roubaronlle e violárona nas rúas de Londres, dándolle tal paliza que lle causaron o aborto, pois estaba embarazada.

Ahí queda iso, para coñecer un pouco mais a historia e os seus orixes.

5 Junio 2007 | 04:10 PM

O Moucho

O Moucho dijo

Bueno, teño que correxir unha cousiña: O capítulo 21 non foi publicado NA VERSIÓN DE EEUU, na orixinal, a de inglaterra, si aparece.

5 Junio 2007 | 04:16 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Somos os jreñudos, os drojaditos, os terroristas, os rojillos de Cerceda. Eses ós que non lle justa traballar, que tan todo o día fumando cousas raras e escoitando música inescoitable. Somos os axitadores dun pobo morto, dun territorio caciquil. Aquí sejimos, facendo cousas raras, por unha CULTURA SEN CENSURA! contador
contador BlogESfera Directorio de Blogs Hispanos - Agrega tu Blog
directorio de weblogs. bitadir
Rate me on Bloggoggle blogs

Fotos

asociacion-cultural-lucerna todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera