¿Sabedes o que é o grunge?

El movimiento grunge es un género musical, inspirado en el punk y en el hard rock, con toda la esencia del indie rock. Surge a finales de la década de los ochenta y a principios de los noventa, con miembros provenientes de la época conocida popularmente como la Generación X.
Iso di Wikipedia...

Pero o grunge é algo maís, é unha maneira de ve-las cousas e de vivir.
A verdade, a miña relación coa música Grunge non é tan ampla como para falar largo e tendido sobre este estilo, pero a súa filosofía de vida podería resumirse en vivi-la vida aprobeitando ata o último segundo e vivia como ti queiras, sen deixarte influenciar por nada nin ninguén.



En realidade, o meu interés polo grunge comezou fai uns anos, cando, da man duns amigos, descubrín a NIRVANA.
Non, non son unha desas nenas pijas que está namorada de Kurt- aínda que o rapas non estaba mal...-, a min gústame a súa música e a transgresión que este grupo supuxo dentro dun mundo musical- o de finais dos 80, principios dos 90-, cando os grupos de "rock" xa non aportaban nada novo.

E parece que impactaron, pois aínda hoxe en día se segue a falar deles e a escoitar a súa música segue a soar.

Por exemplo, en Blogalaxia pódese ver unha relación de varias páxinas nas que se fala deles.

Ata hai unhas 45- que vira eu- páxinas que din ser o seu clube de fans.

Seguramente vos sone este tema, SMELLS LIKE TEEN SPIRITS, que foi e segue sendo todo un boom. Pois para quen non o sepa, Kurt Cobain odiaba tocalo, pois odiaba que o seu grupo e a súa música se volvese tan comercial.

Persoalmente, as miñas cancións preferidas son POLLY, na versión do seu directo en NY

E HEART IN A SHAPPED BOX, non sei se pola música ou polo video, que é todo un delirio...

A DESFRUTALO!!!