Publicidad:
La Coctelera

Cultura sen Censura!

20 Mayo 2007

AS "RAÍÑAS" DAS LETRAS GALEGAS

Aínda que con atraso, imos facer unha mención ó día das letras galegas.

Como sabedes,este ano adicóuselle a María Mariño , un dos máximos expoñentes da poesía de corte intimista galega.

A verdade é que isto das letras galegas resulta un "postureo". Non é que vaia facer unha apoloxía contra este día, senón que me parece que deberíamos de aloumiñalas día a día, e que non só fose un día para recordar que a literatura en galego tamén existe, previa compra dun xornal que agasalla un exemplar dun libro en galego.

Poe este motivo, gustaríame homenaxear a tódalas mulleres que contribuíron a enriquecer a nosa literatura, que parecen quedar un pouco esquecidas neste día( como podedes comprobar na listaxe de persoas ás que foi adicado).

Persoalmente, a muller á quen máis admiro é a Rosalía de Castro , non sei se pola mitificación á que se viu sometida a súa persoa ou pola súa poesía. ¿Quen non se emocionou lendo "Negra Sombra "?

Outra muller a quen admiro moito é a María Xosé Queizán , tanto pola súa narrativa- A orella no butato, por exemplo- como pola súa ensaística. Se non lestes "Evidencias", aconséllovolo.

Outra escritora que me gusta moito é Luz Pozo Garza , coa súa obra "Prometo a flor de loto".

Unha gran representante que xa se me esquecía é Emilia Pardo Bazán , que aínda que escribiu a maior parte da súa obra en castelán, loitou polos dereitos das mulleres, e polo seu dereito a escribir, creandoescola e servindo de inspiración a moitas outras. Desta autora recoméndovos a súa novela "Insolación".

E como estas nomeadas hai moitas máis, pero como non teño espazo nin tempo a máis, espero qe vos me axudedes n meu repaso.

Para rematar, paréceme interesante nomear ó artigo Sen galego non hai Galiza, que vos recomendo ler, pois nel tamén se fala da normativización da nosa lingua- na miña opinión demasiado excesiva-.

Espero que me deades a vosa opinión sobre este pequeno homenaxe.

Só lembrarvos: A LITERATURA EN GALEGO TAMÉN EXISTE!!!

Tags: letras, galegas

servido por asociacion-cultural-lucerna 2 comentarios compártelo

2 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Botana

Botana dijo

Ome, todas estas mulleres deberían ter un monumento, foron unhas pioneiras cando as miraban todos mal, ainda que Emilia Pardo Bazán non m sexa moi agradable, teño q recoñecer q fixo unha importante labor ata se puxo a traballar na fabrica de tabacos para narrar as aventuras destas interesantes mulleres da tabacalera(ou eso creo, non m acordo moi ben).

Pero penso q o monumento tamen se lle debia facer a todas as mulleres que loitaron por preservar os seus dereitos, non so no campo literario, se non na vida en xeral, e temos un bo caso no acontecido nas Encrobas cas expropiacions.

Referido ao tema das letras Galegas, o postureo é evidente, temos o mitico gran xornal no que poñen se cadra unha páxina por cumplir e regalan un libriño, o resto do ano, o unico q ven en galego son as cartas ao director (e ainda asi é unha ou duas en galego), e seguro q asi as deixan xq lles debe dar moito traballo traducilas. E mesmo no concello de Cerceda ou da Coruña, fan 4 actos e asi vemos o ben que o fan, e despois discuten por se é A/la Coruña ou poñen anuncios no xornal en español vendendo a casa do concello...

Eu non sei, eu vexo así

22 Mayo 2007 | 12:08 AM

Yenisonrisa

Yenisonrisa dijo

Claro que tamén existe a literatura en galego! E que boa! Claro que son moitas as mulleres (ó igual que homes) que escribiron na nosa lingua, unhas gustaránnos mais e outras menos como pasa con todo. A min gustariame destacar un libro que me parece precioso de Rosa Aneiros, o libro é "Resistencia", recomendo que lle botedes unha ollada, seguro que vos ha gustar.

30 Mayo 2007 | 11:37 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Somos os jreñudos, os drojaditos, os terroristas, os rojillos de Cerceda. Eses ós que non lle justa traballar, que tan todo o día fumando cousas raras e escoitando música inescoitable. Somos os axitadores dun pobo morto, dun territorio caciquil. Aquí sejimos, facendo cousas raras, por unha CULTURA SEN CENSURA! contador
contador BlogESfera Directorio de Blogs Hispanos - Agrega tu Blog
directorio de weblogs. bitadir
Rate me on Bloggoggle blogs

Fotos

asociacion-cultural-lucerna todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera