Publicidad:
La Coctelera

Cultura sen Censura!

12 Mayo 2007

ISTO NON É VIDA...

Actualmente, os xoves somos acusados de ser uns folgazáns, de non ter perspectiva de futuro, de non ter interese por nada...

Tan malos somos???

A verdade, hai de todo...Pero que mellor mostra que este blog para demostrar que a xuventude de Cerceda ten moitos proxectos- aínda que poucos medios, e iso que estamos en eleccións...¿quen estará apaghado ou fóra de cobertura, Peeepi?- que non teñen nada que ver con pasarnos o día tirados diante do sofá.

Bueno, en realidade todo este desvarío ven a conto dun video que atopei na rede que me pareceu moi simpático.

¿En realidade somos así?

Atendede e comentade...

Tags: estilo, vida

servido por asociacion-cultural-lucerna 4 comentarios compártelo

4 comentarios · Escribe aquí tu comentario

la-publi

la-publi dijo

Non está mal ese tipo de vida. Pero para min non sería vivir. Pero se hai xente que fai eso será porque a súa conciencia llo permite. E eu admíroo. Se é feliz así, que máis pode pedir.
Eu penso que eso non é vida para min, pero para outro pode ser.
De todos modos, será cuestión de acostumarse.
un bico

12 Mayo 2007 | 04:38 PM

O Moucho

O Moucho dijo

Como modo de vida non, pero botar así un fin de semana de vez en cando dalle a vida a calquera...

19 Mayo 2007 | 02:42 PM

chicharos en rede

chicharos en rede dijo

Creo que as xeralizacións son argumentos doados que nos privan de contemplar novas perspectivas.
Son consideracións estereotipadas que cren conter o saber absoluto e nos fan ficar no inmutismo do noso pensamento.

Adri, tés razón!!jeje

24 Mayo 2007 | 12:49 PM

MALANECORA

MALANECORA dijo

Moi de acordo co comentario de "chicharos en rede". Cada un debe decidir cal quere que sea o seu modo de vivir e loitar por vivir desa maneira sempre e cando sea respetuos@ cos demais que tamen queremos vivir á nosa maneira. A esto creo que se lle chama liberdade, non?. O video que colgaches parece mostrar unha maneira de vivir inaceptable e seguramente todos nos, nalgun momento, poñemos en práctica cousas que tamen practica ese individuo e, por que non? Non sempre nos apetece relacionarnos, traballar, practicar deporte, etc. Asi que cada un verá o que fai...

30 Mayo 2007 | 11:46 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Somos os jreñudos, os drojaditos, os terroristas, os rojillos de Cerceda. Eses ós que non lle justa traballar, que tan todo o día fumando cousas raras e escoitando música inescoitable. Somos os axitadores dun pobo morto, dun territorio caciquil. Aquí sejimos, facendo cousas raras, por unha CULTURA SEN CENSURA! contador
contador BlogESfera Directorio de Blogs Hispanos - Agrega tu Blog
directorio de weblogs. bitadir
Rate me on Bloggoggle blogs

Fotos

asociacion-cultural-lucerna todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera