O 25 de abril de 1974 mudou o panorama político e social de Portugal.. Produciuse unha revolución liderada por capitáns do exército que foi coñecida como a REVOLUCIÓN DOS CARAVEIS. Revolución apoiada polo pobo e que puxo fin a 50 ANOS DE DITADURA DE SALAZAR. Deu paso non somentes á democracia, senón tamén aá descolonización de Angola, Mozambique, Guinea Bissau, S. Tomé e Príncipe e Timor.
![]()
Ás cero horas dun histórico e primaveral 25 de abril de 1974 o programa da Radio RenazenÇa, "Límites", cmezou a emitir os acordes de "Grandola, Vila Morena" de Zeca Afonso, a figura máis importante da canción portuguesa deste século, unha peza clave da música popular de todo o mundo. Esta foi a consigna que puxo en marcha toda a engranaxe revolucionaria.

Iniciábase a REVOLUCIÓN DOS CARAVEIS. Non era un golpe de Estado en sí, era o produto dunha situación insostíbel dunha ditadura que seguía no poder dende 1926. As guerras coloniais, fixeron que a maior parte dos militares se deran conta da inutilidade por manter o último imperio colonial de occidente, da súa crueldade. Cada familia portuguesa tiña un ou dous familiares combatindo en Mozambique ou Angola. Existía un sentimento antibélico dos xoves portugueses que se mobilizaron masivamente contra a guerra do Vietnam.
O poder económico ostentábano 100 familias, adesigualdade social era abismal: un de cada sete portugueses traballaba fóra do seu país para poder sobrevivir. A miseria no campo, cunha explotación latifundista, era escandalosa, e nas cárceres, cheas de presos políticos.
Pero Portugal, ó mesmo tempo, era un paraíso de fuxida para os nazis fuxidos, para monarquías sen reino (entre elas a española) ou para ditadores como Fulgencio Batista...
Non foi só un golpe de Estado, foi todo un movemento obreiro de folgas e loitas obreiras de anos anteriores, foi a participación do pobo que tomou as rúas como a única e auténtica garantía dun novo horizonte.
Despois viñeron moitas cousas, pero o primeiro ano e medio os cidadáns portugueses tiveron todo o protagonismo: a ocupación dos labregos dos latifundios do Alentejo, a nacionalización da banca e da maior parte da industria, a ocupación de fábricas polos traballadores. É dicir: unha popularización da economía, unha independencia colonial, UNHA AUTONOMÍA NACIONAL.
A sociedade portuguesa organizouse en barrios, en fábricas, no campo,...Soubo reaccionar ós novos intentos fascistas por afundir o froito da revoluvción. O demais veu co tempo: asocialdemocracia, España pechou as fronteiras, EEUU temeu un novo Chile..., o mundo enteiro andaba loitandopola xustiza, a igualdade e a liberdade.
Por iso, agora, 33 anos despois dunha loita pola igualdade e pola xustiza, porqu O POBO É QUEM MAIS ORDENA DENTRO DE TI O CIDADE, deberiams entonar de novo a canción, todos xuntos:
Grândola, vila morena
Terra de fraternidade
O povo é quem mais ordena
Dentro de ti, o cidade.
Dentro de ti, o cidade
O povo é quem mais ordena
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena
Em cada esquina um amigo
Em cada rosto igualdade
Grândola, vila morena
Terra da fraternidade
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena
Em cada rosto igualdade
O povo é que mais ordena
À sombra duma azinheira
Que já nao sabia a idade
Jurei ter por companheira
Grândola a tua vontade
Grândola a tua vontade
Jurei ter por companheira
À sombra duma azinheira
Que já nao sabia a idade.
*Para os interesados, recoméndovos o libro de Rosa Aneiros "Resistencia", que, en clave de historia de amor, narra bastante ben a represión e sufrimento sufrido polos compañeiros portugueses antes de poder desfrutar da súa merecida liberdade.
QUE NON SE NOS ESQUEZA NUNCA. A LIBERDADE NON DEBERÍA TER PREZO.




GRÂNDOLA, VILA PEQUENA!!!
SI, SENHOR!!!
SEN LUGAR A DÚBIDAS A MELHOR REVOLUçON DA HISTORIA!!!SEM MORTOS, SEN VIOLENCIA, SEN SANGUE INOCENTE DERRAMADA...ASÍ DEBERÍAN SER TODAS!!!
É INCRÍBEL A FORZA QUE PODE CHEGAR A TER O POBO UNIDO BAIXO A IDEA DE LIBERDADE. AVER SE OS GALEGOS E, CONCRETAMENTE OS CERCEDENSES, NOS UNIMOS BAIXO ESTA IDEA E ORGANIZAMOS EN MAIO UNHA PEQUENA REVOLUCIÓN, PERO A TRAVÉS DO VOTO, NON DE CARAVEIS, NIN EXÉRCITO, NIN ARMAS...
MÁIS QUE REVOLUCIÓN SERÍA UNHA EVOLUCIÓN DENDE UN CACIQUISMO CASE ESTAMENTAL A UNHA D-E-M-O-C-R-A-C-I-A! EQUE ME COSTA DICILO FALANDO DE CERCEDA.
PARA OS QUE VIRON OU BAIAN VER A PELÍCULA, AVER SE NOS INSPIRAMOS UN POUCO!!!!!!!!!!!!!!!
SAÚDE!
POIS SI QUE SE DEBERIA FACER UNHA REVOLUCION EN CERCEDA AINDA QUE AQUI , DIGO POLO CARACTER DA XENTE, IGUAL SERIA MELLOR TROCAR CARAVEIS POR TOXOS.
Aquí sería toda unha revolución que cada persoa pense libremente e exprese libremente.
Cantos mozos e mozas nos últimos anos parecía que hiban a ser libres e de súpeto se amordazaron??' Eu vin moit@s. O certo é que poucas se liberaron aínda hoxe da mordaza que se puxeron nos ollos e pico.
O pobo debe ser o que máis ordena!!! e nón catro caciques.
A verdade é que penso que debeu ser unha gran revolução, e debeu ser espectacular ver como a xente lle facía fronte á ditadura do sucesor de Salazar e como saían á rúa, ver aos tanques parar nos semáforos cando estaban en vermello, ver á xente cos "cravos"... Debeu ser espectacular.
Sería tamén espectacular ver á xente de Cerceda o 27 de maio espresar a súa opinión libremente, sen ter o remordemento de que algúns integrantes da mesa eleitoral a estivesen observando... E se volvese a saír elexido o noso querido alcalde por maioría absoluta, estaría ben sair tod@s á rúa, a manifestarmonos libremente, e ensinarlle a ese señor feudal, cacique, sheriff... o que pensa en realidade a poboación de Cerceda.
Mais, será posíbel todo isto? Sería algo sorprendente, porque a verdade é que vexo moi difícil que a xente bote na furna eleitoral a papeleta coa d@ candidat@ que máis a convenza, e non bote a d@ candidat@ que lle fixo algún tipo de "favor".
Pero a vida éche así... E Cerceda así de... indefiníbel...
HAI QUE BOTALO!!!!
Por certo, o que di Bocixa de que moit@s moz@s foron amordazad@s non o sei, pero acho que vai vir unha nova xeración á que NON NOS HAN CALAR!!!!
O POVO SERÁ QUEM MAIS ORDENE,
DENTRO DE TI Ó CERCEDA...
A verdade é que si. En Cerceda a xente ten medo. Non entende de política, senón de nomes e de favores.
De feito, moita xente se ten visto perxudicada dalgún tipo de maneira por ter certas ideas políticas ou por levarse con algún tipo de xente.
Aínda así, parece que a xente está a abrir os ollos, e que cada vez son máis os dispostos a plantarlle cara ó señor feudal, digooo, ó alcalde, e dicirlle unhas cantas cousas...
Hai que Botalo, hai, pero vai ser moi difícil, pois está levando un goberno de terror ó máis puro estilo de Stalin...e despois mófase dos "comunistas", semella que lle aprendeu a lección de fomentar o medo entre o pobo para ter a todo o mundo caladiño e obediente.
Esperemos que non dure moito tempo...Saúde e grazas polos vosos comentarios!
JAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJA
DE VERDADE NON IDES SER CAPACES DE VOTAR O ALCALDE DE CERCEDA NIN A TIROS... ESTE ALCALDE É MARABILLOSO E VAI SER O ALCALDE DE CERCEDA ATA O DIA DA SUA XUBILACIÓN.
Tés razón! Non imos ser capaces de votalo! Non o votamos a pesar do seu talante... mira ti! Agora que botalo... eu polo menos hei facer a forza que faga falta porque maravilloso será pero cabronazo... nin che conto! E se hai que esperar á súa xubilación... tamén se espera pero malo será que non caia antes porque como dí o refrán (Pepe tamén é moi dado a sacar refráns cando trata de dar a súas maxistrales leccións): "Píllase antes a un mentireiro que a un coxo". Eu solo pido que teña que verse igual de humillado, sexa cando sexa, que a xente que ten que arrodillarse ante él, cando se ven acorralados por circunstancias que se poden dar na súa vida. É de persoas moi escuras o de aproveitarse das miserias dos demais...!
Saudos
MALANECORA TES TODA TODA TODA A RAZÓN.
TOU CONTIGO EN SERIO. ERES O MEU ÍDOLO.
estoy buscando una canción portuguesa revolucionaria que dice así: así se fai portugal uns van ben e outros mal no se el título ni el autor, hace tiempo que la busco podría alguien darme alguna referencia?