Publicidad:
La Coctelera

Cultura sen Censura!

19 Abril 2007

PREPARAMOS UNHA "FESTA"!!!

SI, SI, UNHA "FESTA"!!!
O de festa póñoo entre comiñas porque aínda non sabemos cómo se vai chamar...
Celebrarase o primeiro fin de semana de setembro e será a continuación da Foliada da Per Loca realizada o pasado ano en Catalunya.
Por este motivo, a maior parte dos grupos que tocarán serán os incluídos neste CD, e virá xente catalana a tocar.
Ademais celebraranse outro tipo de actividades- non todo vai ser música- como talleres, charlas sobre a Per Loca e pasarrúas.
Aínda que non está planeado de todo, xa que é moita xente a quen chamar, organizar, etc.., sabemos que nos fai falta moita xente con ganas de axudar, así que se che apetece deixa un comentario co teu correo e contactamos.
Tamén hai que darlle as grazas ós nosos compañeiros cataláns, que están a organizar unha parte dende alá.
Cando isto está un pouco máis perfilado avisareivos.

servido por asociacion-cultural-lucerna 15 comentarios compártelo

15 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Botana

Botana dijo

Boas, encantame o q tades facendo e falei o outro dia con emi na taberna, e olvidouseme darlle o correo, é xavimakinero@hotmail.com

22 Abril 2007 | 11:23 PM

cAro

cAro dijo

ola, comentáronme sobre a vosa asociación e vin o voso blog, lino e gustoume o q tades facendo, asique gustaríame colaborar con vos. miña direccion é karopitufa@hotmail.com

22 Abril 2007 | 11:34 PM

asociacion-cultural-lucerna

asociacion-cultural-lucerna dijo

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!
EN BREVE NOS POÑEREMOS EN CONTACTO PARA INFORMARVOS SOBRE O QUE TEMOS PENSADO FACER E SOBRE AS PRÓXIMAS REUNIÓNS PARA QUE POIDADES ASISTIR.

EN SERIO, MOITAS GRAZAS, E OS DEMAIS ANIMÁDEVOS, QUE NOS FAN FALLA MOITAS MANS!

25 Abril 2007 | 05:50 PM

David do Arroio

David do Arroio dijo

Parabéns polo blog, xa puiden comprobar que estaba moi ben, e o labor que estades a facer penso que ten moito mérito, porque xa estiven vendo por aí que vos cobraban por utilizar a aula da cultura!!! Ademais, as películas e os documentais que estades a proxectar están moi ben, aínda que eu só poidese asistir a un deles, polo que puiden ver, os outros tiñan moi boa pinta...
No que respecta ao festival, penso que ten moi moi moi boa pinta, xa que aínda que non coñeco a todos os grupos que forman parte do disco de A Per Loca, gusto moito da maioría deles.
Pois veña, a razón deste comentário era para dicirvos que se vos fai falla axuda ou calquera cousa, déixovos a miña dirección de correio electrónico: david.do.arroio@gmail.com
Veña, moita sorte a seguir traballando pola cultura sen censura...

27 Abril 2007 | 07:21 PM

Pitufinha

Pitufinha dijo

Botana, Caro, David. . . pero como estades apoiando a este grupo?? Se o único que fan é desprestixiar cerceda, o noso alcalde que é marabillosos e que lle ta dando traballo a todos os nosos pais. . . Pero por favor, un pouquiño de sentido común!!!!!! E encima critican Estrelas Menudas, co traballo que nos costa aprender as coreografias, buscar os traxes, organizar os dias. . . .
O único bo deste grupiño é que ""cantan"" en galego!!

25 Junio 2007 | 03:40 PM

Botana

Botana dijo

Apoiamos o q nos saia do CU, e DAMOS A CARA

E o teu queridísimo alcalde tiña q ir ao colexio a apoiar aos estudantes para que seguiran estudando en vez de ofrecerlles traballo recollendo na merda, asique aplícate o conto e estuda, para q ningún señor alcalde xe pida contas a hora de votarlle.

Os xovenes temos o poder de cambiar o mundo, e hai xovenes q se conforman kn que llo dean todo feito, e outros q queren un mundo mellor. Como supoño q eres tamén xoven, espero que ainda teñas ilusión e ainda teñas algo polo que loitar.

Saúdos Pitufo Gruñón

26 Junio 2007 | 12:18 AM

Pitufinha

Pitufinha dijo

BOTANA SE DIS QUE OS XOVENS PODEDES CAMBIAR O MUNDO HABER SE O INTENTADES XA QUE NON ESTADES DACORDO CON NADA DO QUE HAI EN CERCEDA NIN CON NADA DO QUE FAI O NOSO ALCALDE

26 Junio 2007 | 06:11 PM

Botana

Botana dijo

Neso estamos, pr con xente coma ti, o unico do q dan ganas é d botarse a durmir, total, como xa tedes tódolos deberes feitos e todo funciona ben (¿para quen?)

26 Junio 2007 | 09:15 PM

Chus

Chus dijo

Pitufinha! Medra un pouco! Así que o alcalde dalle traballo a teus pais...que ben! Tamén vai traballar no seu sitio? Qué ben tamén... A mágoa é que cando todos deberíamos ser iguais, que así é a hora de pagar os nosos impostos, resulta que á hora de traballar, conseguir un permiso, unha subvención non é así... que pasa entón? Isto non é unha cacicada? De todos xeitos se hai xente coma tí á que lle parece ben así seguira ó longo dos anos e xa pode haber xente con ganas de cambiar o mundo... Por outro lado a cultura e a educación que permite e ofrece este concello é moi evidente só con ler os vosos comentarios.
Aínda así un saudo.

27 Junio 2007 | 12:52 PM

o do Arroio

o do Arroio dijo

Vale, vale, pero Chus, penso que te pasaches un pouco co do final, que non somos uns incultos eh! E que sabemos escribir ben, aínda que tamén hai xente coma a Pitufinha do carallo que xa se sabe que non ten cultura ningunha e que tampouco sabe escribir, pero que se lle vai facer! Se a xente é parva mellor para o señor cacique! E iso é o que me fode, que a xente é parva e non fai nada por cambiar o seu futuro, parece que todo lles dá igual, que tanto lles ten que o señor feudal nos trate coma servos ou escravos...
E Pitufinha, abre os ollos, ou fai algho, pero date conta que non son eles os que traen a merda para Cerceda, non son eles os que pasan dos veciños, non son eles os que andan cabreados por non conseguir 10 concelleiros en lugar de 9, non son eles os que son uns mal educados, non son eles os que teñen totalmente controlada a marabillosa radio tv local!!!
ABRIDE OS OLLOS, pero non cara ao sol!!!!

29 Junio 2007 | 07:07 PM

Chus

Chus dijo

Teño que disculparme! Dende logo cando falaba de incultos debín especificar e non xeralizar para que non se produciran malentendidos. Por suposto que non me referia a todos os que deixades comentarios nin só ós que fan comentarios neste blog (xa seria unha sorte que toda a incultura estivese aquí) E nada máis lonxe que chamarche inculto a tí (o do Arroio) As veces quéntamos e metemos o zoco... procuremos manter a mente desperta, sobre todo eso debería facer eu cando por outro lado tanto me gusta que a xente manteña a calma, que sexa tolerante... Perdón.

29 Junio 2007 | 07:44 PM

Pitufinha

Pitufinha dijo

David. . . Non sei escribir?? secadra ainda sei mellor ca ti!!!!

E ti non sabes se eu bou a ordes e me meto cousas desas que ti dis nin sabes se ando tirada por ali a diante como fan outras eh... Asique un pouco de ollo co que dis xk non sabes quen son!!!!

2 Julio 2007 | 11:27 PM

Hilda

Hilda dijo

Isto é unha pasada! Mola esta variedade de personaxes no blog! E un gusto que Pitufinha estea entre nos, a verdade e que lle dou vida a este blog. Eu estou que non aguanto e con ganas de entrar no debate. Pitufinha, eso de "ollo co q dis que non sabes quen son eu" é unha ameaza ou sona parecido? A ver se estamos a debatir coa "Pitufinha encargada da cultura" esa que nombran na Cochikeira... JAJAJAJAJA!!!! Tamén me parte o de "David. . . Non sei escribir?? secadra ainda sei mellor ca ti!!!!" Xa o podías ir demostrando... David está feito un "literato", así que Pitufinha:XENIO!!! Se cadra aínda lle janas...

4 Julio 2007 | 02:01 AM

Arroio

Arroio dijo

A ver Pitufinha, cando ameaces faino dando a cara, así poderei saber mellor quen es!!!

7 Julio 2007 | 08:15 PM

martin

martin dijo

si si dadem ideas pa organizar nha festa

11 Octubre 2007 | 07:22 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Somos os jreñudos, os drojaditos, os terroristas, os rojillos de Cerceda. Eses ós que non lle justa traballar, que tan todo o día fumando cousas raras e escoitando música inescoitable. Somos os axitadores dun pobo morto, dun territorio caciquil. Aquí sejimos, facendo cousas raras, por unha CULTURA SEN CENSURA! contador
contador BlogESfera Directorio de Blogs Hispanos - Agrega tu Blog
directorio de weblogs. bitadir
Rate me on Bloggoggle blogs

Fotos

asociacion-cultural-lucerna todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera