A MÚSICA EN GALEGO TAMÉN EXISTE!!!
Sorprendentemente, moita xente pensa que a música en galego non é tan boa como a cantada en castelán, inglés...
POIS NON. A MÚSICA EN GALEGO TAMÉN EXISTE, e é igual de boa. Hai xente que pensa que se trata só de música tradicional, típica do noso folclore, pero hai un amplo abanico de estilos musicais que están cantados na nosa lingua. Comecemos co breve repaso.
Está claro que a música máis típica da Galiza é a dos gaiteiros e as pandereteiras, pero non pensedes que éste é un estilo vello, "pasado de moda", pois hai moitos grupos galegos que son herdeiros deste estilo e que teñen moita fama dentr e fóra das nosas fronteiras.
¿Que me dicides de Luar na Lubre? Ata Mike Olfield reparou neles...
Este é un dos temas que máis me gusta, "Chove en Santiago"
Outro dos máximos expoñentes do noso folclore "ghaiteiro" con toques de innovacións pode ser Susana Seivane ou Cristina Pato, dúas ghaiteiras de pura cepa.
Persoalmente, gústanme máis as excentricidades e o pelo verde da Pato.
Pero, como xa dixen antes, a música en galego non se limita a música típica do noso folclore - perdóenme Mercedes Peón, Seivane, Berrogüeto, etc, dos que non vou poñer videos por falta de espazo- dende xa fai anos, os compositores e músicos galegos se interesan poroutros estilos.
Marful , por exemplo, con Ujía Pedreira á cabeza, fai un estilo inspirado nunha concertina de principios de século, do máis sublime. O video non é moi bo, pero se entrades na súa páxina atoparedes cousiñas máis interesantes...
Pero non toda a música en galego é tan "tranquila", tamén hai innumerábeis grupos de rock, pop, heavy, hip-hop...
Como son tantísimos e non podo citalos a todos, a conséllovos a páxina Komunikando para ver esta variedade. Ademais podedes escoitar unha pequena peciña de cada ún.
Entre os grupos máis tralleiros, xa vos falei de tres que son de Cerceda: Zënzar, Presencia Zero e Machina, pero para este pequeno repaso voume quedar con Ruxe-Ruxe e a súa magnífica forma de mesturar a gaita galega con guitarras eléctricas.
Pero, se hai que destacar dous dos grupos que máis éxito están tendo agora mesmo- mediante probas empíricas en festivais durante varios veráns- quédome, primeiramente, con Lamatumbá e o seu estilo tan difícil de definir, ó que entre amigos denominamos como festeiro.
O outro grupo co que me quedo é Dios ke te Crew, a revelación galega do hip-hop, chegada dun pobo veciño, Ordes, que arrasa alí por onde vai. Ademais, nos seus concertos incorpora un grupo de breakdance- os Playmovil Kids- e grafiteiros- Cousas Novas e Bándals- ou sexa, todo un espectáculo.
Bueno, isto só é unha pequena parte do que vos podedes atopar por aí, pero hai moitos máis, tantos que son incapaz de nomealos a todos.
Como vedes, A MÚSICA EN GALEGO SÍ EXISTE!!!





O Moucho dijo
Esta moi ben este post, tes bos gustos musicais!. So apuntar unha cousa: Vandals e con V jejeje. ;D
Deica logo!
16 Abril 2007 | 11:08 PM