Publicidad:
La Coctelera

Cultura sen Censura!

12 Abril 2007

¿QUE PASA NA LOUSA?


Esta é Lola, unha das veciñas da Lousa. ¿De que ten ciscadas as mans? Pois de CARBÓN...

A Lousa está situada a carón da Central Térmica de Meirama, onde se queima o carbón extraído da mina das Encrobas.
Para comezar, xa non é moi razoable que unha central térmica desta embergadura se sitúe ó lado dunha poboación, pero o que está a pasar na Lousa xa é o colmo...

Cecáis para falar da Lousa me debería de remitir primeiro, e de novo, á historia das Encrobas. Como xa comentei noutras ocasións, as Encrobas era unha das parroquias do concello de Cerceda que alá por principios dos 70 se converteu nunha mina, previa expropiación das terras ós veciños.

Este acontecemento, que nun principio semella do máis normal, converteuse nun suceso de repercusión na historia moderna do noso concello, así como dos concellos veciños e do movemento obreiro, que apoiou a causa dos veciños das Encrobas.

Logo dun estudo, os enxeñeiros comezaron a negociar, vía abogados, cos veciños desta parroquia para que venderan as súas terras e casas por unha mísera limosna. Ante a negativa de moitos deles, procedeuse á expropiación á forza, e con ela a Revolta das Encrobas, da que podedes obter información no enlace a Vieiros posto nesta mesma páxina. Nesta revolta, unha revolta labrega, os veciños loitaron contra a Garda Civil pola conservación das súas terras, non sen a axuda de Moncho Valcarce, o CURA DAS ENCROBAS.

A revolta, como era de esperar, rematou con feridos, choros e expropiacións. Paréceme interesante neste punto introducir un video que se pode considerar como o trailer dun documental que Bocixa e demais equipo (desculpádeme, pero agora mesmo non me lembro dos nomes dos demais!!!) están a piques de estrear, no que se fala da Revolta das Encrobas e das súas consecuencias, a través das voces dos veciños afectados.

Pois ben, agora resulta que os veciños da Lousa tamén estorban...
Aínda que xa veñen aturando as consecuencias de vivir a carón dunha central térmica dende a súa inauguración, parece que estas consecuencias se foron multiplicando. Algunhas delas son:

- Ruído dos camións do carbón ó pasar, ademais das grietas que deixan nas estradas e mesmo nas casas, ó que tamén é consecuencia dos barrenos que se botan na mina para a súa explotación.

gretas da casa dun dos veciños

-A contaminación que a central produce e o cerca que eles e as súas colleitas están dela. Exemplos:

Juan, o presidente da asociación de veciños da Lousa, móstranos a grosa e espesa capa de cinzas e restos de carbón que se pode atopar nas cunetas. De fondo vése unha das chemineas da central.


Veciña da Lousa recollendo a súa colleita de repolos. Parecen apetitosos, non...???


Apetitosa auga da que poideron desfrutar uns veciños da mina, provinte do seu pozo.

-A chuvia de cinzas á que xa están acostumbrados, pero que últimamente é máis frecuente e caen "pedrolos" máis grandes.

Recipiente con cinzas recollidas despois dunha choiva.

Por estes e por máis motivos, na primeira quincena do pasado mes os veciños da Lousa decidiron que isto xa era suficiente e decidiron cortar a estrada durante unha tarde, chamar ós medios de comunicación (de feito a maioría das fotos colgadas son sacadas de distintos xornais que falaron sobre o tema), e non volver a calar por medo ás represalias dende o concello.

Veciños da Lousa durante un pleno ordinario no concello, ónde decidiron ir despois da negativa de tódalas institucións a falar con eles da súa situación.

Situación caldeada durante o 2 de febreiro, día no que os veciños decidiron cortar a estrada.

O que resulta máis vergonzoso de todo isto é que o alcalde do concello, supostamente tan concienciado con temas ecolóxicos, non mantivo unha xuntanza cos veciños ata aproximadamente 15 DÍAS DESPOIS, e iso grazas a toda a coacción que exerceron e á difusión mediática do suceso.

En fin, isto é a grandes rasgos o que está a pasar na Lousa. Parece mentira que no concello máis rico orzamentísticamente de toda Galiza, onde se atopa unha planta de reciclaxe á que vai a parar o lixo de media Península (que en realidade-o lixo- vai a parar o vertedoiro ilegal máis grande de Galiza e parte de España), pasen estas cousas.

Xa o din na Cochikeira:

"(...)E QUE AQUÍ EN CERCEDA TODO O MUNDO É FELIZ, MENOS UN PUNTO NEGRO COMA UN MOCO NEGRO NA NARIZ. E ADIVINA, ADIVINANZA, ¿QUEN SE PASA POR ALÍ? TODOS AQUELES QUE PENSAMOS QUE O MUNDO NON TEN PORQUÉ SER ASÍ. NA COCHIKEIRA, AÍNDA QUEDAN CARTOS QUE ROUBAR. NA COCHIKEIRA, AÍNDA QUEDA VERDE QUE MATAR. NA COCHIKEIRA, SE BUSCAN A BIN-LANDEN E AALQAEDA, NON BUSQUES NA COCHIKEIRA, POIS AQUÍ SÓ TEMOS MERDA(...)O PROTOCOLO DE KIOTO, PASÁDELO POLO ESCROTO. JODESTES O ECOSISTEMA REMOVENDO LODO NO FONDO(...)CAMBIÁSTE-LO CURSO DA AUGA, PERO NON DA PASTA, QUE SEGUE ENCARRILADA CARA AS VOSAS ARCAS(...)NA COCHIKEIRA..."

SOLIDARIEDADE COS VECIÑOS DA LOUSA!!!

*Algunhas noticias relacionadas co tema:
-O carbón de Meirama colma a paciencia de A Lousa

-Medio Ambiente mediará entre os veciños de A Lousa e Limeisa

-Veciños de Meirama reteñen á forza a tres técnicos da mina

-O chapapote chega ó ceo

servido por asociacion-cultural-lucerna 19 comentarios compártelo

19 comentarios · Escribe aquí tu comentario

PORCO BRAVO

PORCO BRAVO dijo

AI, MENINHA!!!
BEN SE NOTA QUE AÍNDA ES NOVA E IDEALISTA!!!
NESTE CONCELLO DE MERDA NOSO TODO CHEIRA MAL, DENDE A POLÍTICA LOCAL ATA A MERDA QUE VAN QUEIMAR....JE,JE!!!
A VER SE DESPOIS DESTA ÚLTIMA A XENTE SE DÁ CONTA DA MERDA DE CACIQUE SUNORMAL QUE TEMOS COMO ALCALDE E O VOTAN, PER BOTÁNDOO.
LIÑARES CAGOUNA MOITO COS VECIÑOS DA LOUSA E COA OPINIÓN PÚBLICA. SE NON SABE FACER FRONTE A ESTE TIPO DE PROBLEMAS QUE SE XUBILE...OU QUE CONTRIBÚA COA RECICLAXE DE SOGAMA METÉNDOSE NO FORNO!!!
MOI BOAS AS FOTOS E O VIDEO¿CANDO SE ESTREA ESE DOCUMENTAL?
A SEGUIR ADIANTE E FORZA!

12 Abril 2007 | 07:21 PM

forococtelera

forococtelera dijo

¿Has entrado ya en el foro de La Coctelera? Por si tu respuesta es no, esto es una invitación. Si ya has entrado, es hora de que nos hagas otra visita.
http://coctelera.mundoforo.com/index.php
¡Un saludo y hasta pronto!

12 Abril 2007 | 07:39 PM

Hilda

Hilda dijo

Animo e a por todas!! Eu solidarizome cos veciños da Lousa e deséxolles moita forza para poder seguir loitando polos seus dereitos contra ese grande monstro FENOSA que acada impensables beneficios (impensables para as xentes humildes ...) a costa da saúde dos veciños. Deséxolles tamén que non se rompa ese lazo que fai que os veciños sexan tan unidos porque negociar con estes "pájaros" e moi fodido porque saben moi ben como manexar, engaiolar, encizañar...etc, ata conseguir que o lazo se afloxe.
MOITA FORZA!!!

16 Abril 2007 | 02:01 PM

Bocixa

Bocixa dijo

Está claro. Fenosa en complicidade ca Xunta de Galicia (ate fai pouco ca marca PP e agora psoe), co Concello de Cerceda (psoe) e cos medios de comunicación, estivo estragando a tranquilidade de persoas que soportan soedade e illamento ó carón do burato (Anguieiro, Belsar, Lucín, O Loureiro, O arroio...), contaminación derivada do almacenamento e queima de carbón (Lousa), explosións etc desde o ano 80.
De momento un bo número de veciños e veciñas decidiu de novo (como veu acontecendo desde o ano 80) non calar, denunciar, petar a todas as portas con responsabilidade e se fai falla, plantarse na entrada da Térmica para pillar por diante ós responsables máis inmediatos, e facerse oir, aínda de novo ca Guardia Civil de frente, que unha vez máis como corpo (deixamos a un lado as persoas) queda demostrado que están ás ordes dos poderosos, neste caso Fenosa, que na súa negra historia neste paísa utilizou para os fins máis escuros.
Toda empresa debe cumplir uns mínimos éticos coa sociedade e co medio ambiente.
Que a Consellería de Medio Ambiente tome cartas no asunto, que a Fiscalie de Medio Ambiente cumpra e faga o traballo para o que foi creada, que o srto Liñares, alcalde de Cerceda (Psoe) se deixe de tantas películas, que respete o pobo e se largue dunha vez para a cidade onde se fixo señoritiño cacicón (aqui din manexar grandes cifras nas arcas do Concello PERO UNHA ASOCIACIÓN COMA LUCERNA SEGUE DESPOIS DE MOITOS ANOS DE TRABALLO SE UN LOCAL ONDE LEVAR ADIANTE INICIATIVAS, PAGANDO POLO USO DA BIBLIOTECA PARA AS PROXECCIÓNS...) e que os veciños e veciñas estean unidos. Se se cumple esto último, van sudar fariña catro personaxillos sen escrupulos que so pensan no beneficio e a riqueza particular.
Ánimo á xente da Lousa, ánimo a Francisca de Villamisar...

17 Abril 2007 | 12:30 AM

Arroio

Arroio dijo

Grazas por lembrarte de nós, e a verdade é que tes razón, foron deixándonos sós, e cada vez máis. Polo que a min respeita, coido que me roubaron a infancia, sen xente con que xogar, sen rapaces/as coas quen xogar despois de sair da misa. O burato levouno todo!, a de Maruja de Esperanza onde mercabamos todos os domingos os "pelis"... E neste asunto non se pode dicir "é o que hai", penso que tod@s os da parroquia deberiamos unirnos, porque aínda que quedemos pouc@s, podemos facerlles fronte... Pero tal e como está o tema da política local, témolo difícil, aínda que habemos loitar! Tamén gustaría de dar fe de que na miña casa tamén nos molestan os ruídos da central, do parque de carbón e os barrenos da mina, e sobre todo estes últimos, que fan retumbar fortemente a nosa casa todos os días.
Veña, agardo que cada vez máis xente esperte desta longa noite de pedra que está ocorrendo no noso concello. Hai que acabar con ela!!!

20 Abril 2007 | 08:11 PM

Luar das encrobas

Luar das encrobas dijo

As barricadas!!! A tomar o concello á forza, corruptos e hipócritas nos governan, e dalles = todo, esto parece marbella...

Como se m vai, pr é certo, eses orzamentos, ejem ejem, era de miralos

25 Abril 2007 | 07:58 PM

axicob

axicob dijo

Un apunte....IMPORTANTE
Limeisa, (fenosa), pechounos xá o acceso ao castro de Guichar, no coto de guichar. Alí onde hai restos dun castelo derrubado polos Irmandiños tamén hoxe se levanta unha enorme cruz en homenaxe aos mortos das Encrobas no bando Franquista....pero para mín un Castro, un coto noutra hora precioso e máxico que hoxe está invadido por eucaliptos e capitalistas. O Castro é patrimonio de tod@s...así que ¿Quen se apunta a un xantar merenda reivindicativo?
(Con esa alambrada que avanza ao redor da mina, están limitando o futuro lago a un simple e puro negocio privado prohibido para as xentes do lugar...coma sempre e a gañar máis...véxase embalse Vilagudin). Eses son os "intereses" de gran empresa e goberno.
Podedes dar unha volta, polo pumariño e admirar as fendas que atravesan a estrada....de 4, 5, 6 metros.....
Francisca de Anguieiro e famili siguen sufrindo (menos solos ) e os da Lousa sufrindo contaminación. As fendas chegan a Lucín, O loureiro, Belsar...
Voume cantando baixiño

10 Mayo 2007 | 10:15 PM

Botana

Botana dijo

wenas, tou d acordo kntigo axicob. Son demasiado xoven para ver esa cruz, xa cando era pequeno, estaba xa cheo de toxos. Pero contaronme q fai moitos anos, esa cruz viase ata dende meirama, porque todos os montes estaban limpos. Deixando aparte o tema do bando ó q pertencera (todos somos persoas) é parte da nosa historia, e neste concello, o pasado é ignorado. Eu sempre tiven interes polo q pasou fai anos na terra q piso, preguntolle cousas a meus avos e eles contanme o q se lles acorda, e sobre esa cruz algo me contaran. Pois pensaba q nadie se acordaba. Aparte de q ta impenetrable co toxo q ali hai. Pois opino q esa zona, debíase limpar, e acondicionar para q a poidamos visitar todos. Pareceme vergonzoso q a zona das encrobas estea nesta situacion, en pleno siglo XXI, abandoada completamente. Polo menos a zona da igrexa ainda se atopa algo koidada, pr imos cara belsar e xa da pena. Este dia fun por Barcia na bicicleta, e en Pontelago hai unha señal q pon q se vai a meirama por alí, ¿¿e as encrobas nn se vai??. Unha vez que xegas As Encrobas por Barcia, aparece un cartel moi bonito ca torre dunha iglesia q pon, Concello de Cerceda. E arriba vemos unha pintada q pon As Encrobas. se non fora por eso nadie o sabria ¿Q pasa? d quen se queren rir, ¿dalle ao señor Liñares tanta vergoña q nin pode pedir unha puta señal? Q eu sepa, aquelo ainda é unha parroquia e vive xente nela. Ser é unha tonteria, pr son kousas q se ceden e pareceme a min un desprezo. Por eso, e por moito mais, abia q facer unha REVOLTA. ENCROBAS VIVE!!!

10 Mayo 2007 | 11:53 PM

herbitas

herbitas dijo

DESPOIS DE LER CON MOITA ATENCIÓN,O QUE ACONTECE AINDA NO QUE QUEDA DAS ENCROBAS, E O QUE PASA NA LOUSA,SORPRENDEME QUE A CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE, QUE ESTA NAS MAOS DO BNG
(QUE XUNTO O PSOE,FORMA GOBERNO),E QUE SEMPRE ESTUVO A FAVOR DE TOMAR MEDIDAS PARA EVITAR TANTA CONTAMINACIÓ NO CONCELLO DE CERCEDA E ARREDORES,NON TOMA AS MEDIDAS AXEITADAS,PARA FREAR ESA CONTAMINACIÓN.

12 Mayo 2007 | 07:07 PM

Chus

Chus dijo

Nunca me gustou ter que correxir ós demais entre outras cousas porque eu podo ser das primeiras en equivocarme pero hai ocasions que non queda mais remedio... "Herbitas": Has de saber que a conselleria de Medio ambiente non está nas mans do BNG (desafortunadamente) que está nas mans do PSOE, de todos xeitos o BNG ( no caso de que levara esa conselleria) crees que podería solucionalo en "catro días" que leva gobernando en "coalición minoritaria" co PSOE? A Ver se tratamos de ser algo obxetivos e comezamos a reivindicar os nosos dereitos a quen ten a capacidade de resolvelos e deixamos de culpar, desacreditar, etc. a quen sempre mostrou vontade e nunca tivo poder. Un saúdo.

16 Mayo 2007 | 10:08 AM

DFG

DFG dijo

Onde ta o castro das Encrobas? Non hai un tamén ao carón de SOGAMA?, aínda que sabendo como é esa xente xa non quedará nada del! E tamén oíra falr algo do castelo, pero non sei onde ta. E tamén lin algo sobre unha lenda na que se di que a parroquia estaba atravesada dende o coto de Ghichar até a Lousa por túneis que fixeran os mouros, aínda que se os houbese xa quedarían todos desfeitos pola mina. Refírome que aínda que fose unha lenda, esa industria destruiunos todo o que tiñamos.
Interesame bastante a historia do castelo, e sobre a revolta dos Irmandiños (vese que o de facer a revolución xa nos vén de lonxe). E tamén lin algho sobre que Encrobas foi a "capital" do concello aló polo 1800 ou algo así. Onde podería atopar máis info? E o da merenda está bastante ben, aínda que vai haber que levar unhas fouces e uns ghalletes...

18 Mayo 2007 | 12:04 PM

Botana

Botana dijo

As fouces e os galletes para q? Para rozar en ghichar ou para ir de merenda ao concello...? jajaja

Deixo unha pregunta q me gustaria q m contesrades e agora en SERIO:

¿E non se podería facer algo para q esa zona poida ser visitable? ¿Falar co Liñares ou algo? Eu q sei, algo se poderá facer...

22 Mayo 2007 | 12:16 AM

MINHA XOIA

MINHA XOIA dijo

SI, SI! EU ESTOU CON BOTANA!
NON PODEMOS PERMITIR Q A XENTE FAGA O Q LLE DÁ A GANA!!!
NON NOS PODEN PRIVAR DE IR Ó CASTRO DE JICHAR!!!
PROPOÑO FACER UN ASENTAMENTO- MERENDA PO MES DE XUÑO, CANDO SAIA Ó SOL, E Q NOS BOTEN SE SE ATREVEN!!!

FORZA POLAS ENCROBAS!!!

30 Mayo 2007 | 10:44 AM

jjkkssliosskejs

jjkkssliosskejs dijo

O BNG non vai a ser quen de solucionar todo iso!!!
Os do BNG se non gañan é porque non valen para nada!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Botana metete nos teus asuntos que ti non es de Cerceda
E a xente antes de falar que se informe que aki ai moito listo mental pero non saben nin sekera de qeu vai o tema

26 Junio 2007 | 06:20 PM

Botana

Botana dijo

Este é un foro supoño q aberto a todo tipo d opinións, sexa ou non de xente "pertencente" ao concello.

O BNG de momento non saliu para nada nesta entrada, asiq non sei a q ven eso.

Se tamos mal informados, informanos TI, espabilado

E Q eu non esté empadronado en Cerceda, nin tampouco estude en cerceda non significa nada, posto q miña familia é toda de Cerceda e paso a maior parte do tempo q podo ahi.

Asíq opino do q m dea a gana, para iso estamos nunha democracia, ainda q vendo estes ultimos comentarios q aparecen calquera o diría

26 Junio 2007 | 08:57 PM

Yenisonrisa

Yenisonrisa dijo

Esto vai pa Botana:
Veña chaval! Ti vales moito! E unha magoa que alguén queira privarte de Cerceda, a ti, que como dis tés aquí a toda a familia e dende neno pateaches por Encrobas e Meirama. Tamén é unha mágoa que en Cerceda non teñamos mais xente coma ti porque aquí o que se cultiva é "cabezas cuadriculadas", o mais sinxelo... O que fai falta é unha boa dosis de ESPABILAMAMON para a maior parte dos habitantes deste NOXENTO concello.
Animo rapas! E así me gustas: dando a cara porque estes que fan os comentarios para insultar a quen esta facendo aljo non teñen juevos nin ovarios a dar a cara porque para as "cabezas cuadriculadas" o sinxelo e tirar a pedra e ajachar a man ademais de criticar o que fan os demais cando eles ó unico que se dedican é a iso, a criticar. POBRES! a eso lles ensinaron e tampouco lles da para máis, que lle imos facer?

27 Junio 2007 | 11:48 PM

asociacion-cultural-lucerna

asociacion-cultural-lucerna dijo

Eh, rapaces!!!XA ESTÁ BEN DE POLÍTICA, COÑO!

Nós somos L-u-C-E-R-N-A, non un partido político.

Xa sei que moita xente asocia esta asociación co BNG Cerceda, cecáis pq algúns dos integrantes deste partido participan activamente, pero repito- e espero q sexa a última vez- SOMOS UNHA ASOCIACIÓN CULTURAL, NON UN PARTIDO POLÍTICO, ok???

En canto a eses comentarios referidos a Botana dicíndolle q cale, q non é de Cerceda, independentemente de q sexa de Cerceda ou non, aquí todo o mundo con ganas de colaborar son benvidos, sexan de onde sexan. Os que non son tan benvidos son eses que andan deixando comentarios a cara cuberta dicindo burradas, manipulando a información como lle dá a gana...Vós mesm@s estades demostrando a clase de cultura e educación que tedes.

Por iso, convídovos a participar cívicamente, sen insultar, ou senón a deixar en paz á xente que o fai de bo rollo.

Nada máis.

PEACE!!!

30 Junio 2007 | 12:59 PM

Botana

Botana dijo

Moitísimas grazas a Yenisonrisa e a creadora do blog.

E x certo, volvendo a unha idea q salíu antes, había q preparar un asentamento-merenda agora no verán ali en ghichar, como dixo Minha Xoia. Taría interesante.

Saúdos a todos

2 Julio 2007 | 01:05 AM

Yenisonrisa

Yenisonrisa dijo

Grazas de nada, Botana; cada quen ha de estar no sitio que lle corresponde. En canto a merendola esa no coto de Guichar, algo se anda a argallar por ahí, xa terás novedades do asunto.

2 Julio 2007 | 12:53 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Somos os jreñudos, os drojaditos, os terroristas, os rojillos de Cerceda. Eses ós que non lle justa traballar, que tan todo o día fumando cousas raras e escoitando música inescoitable. Somos os axitadores dun pobo morto, dun territorio caciquil. Aquí sejimos, facendo cousas raras, por unha CULTURA SEN CENSURA! contador
contador BlogESfera Directorio de Blogs Hispanos - Agrega tu Blog
directorio de weblogs. bitadir
Rate me on Bloggoggle blogs

Fotos

asociacion-cultural-lucerna todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera