A Per Loca é un proxecto musical de grupos de "medio mundo" que viu a luz este verán mediante a súa presentación e varios concertos.

A idea xurdiu logo do descubrimento dunha nova ruta mercantil romana, que atravesa o noroeste da Galiza e o norte de Portugal, sen concretar lares.

Do achamento xurdiu a idea de crear un disco no que colaborasen grupos de toda a Península.

En palabras de Comunikando.net:

A Per Loca”. É un recopilatorio, un traballo que aglutina a boa parte do colectivo musical galego. Un escaparate apoiado dende a nosa web (www.komunikando.net) que amosa o enorme potencial que a nosa terra garda neste eido.

¿Por que A Per loca? Este título baséase no nome dunha vía romana que vimos cargada de simbolismo: A Per Loca Marítima. Esta vía vertebraba a antiga Gallaecia, axudada das súas vías secundarias. Non só conectaba as vilas da Galiza de entón, senón que a conectaba co mundo: era unha entrada/saída do pobo galego-románico respecto ao seu entorno.

Neste disco, por pistas, aparecen os seguintes artistas:


01 Avante Per Loca I
02 Banda Potenkin - Kalindra xida
03 Pulpiño Viascón - Meu amor
04 SOAK - A verbena do eucalipto
05 Safari Orquestra - Distancia
06 Zënzar - O Padriño
07 A Matraca Perversa - Il mondo va Benne
08 Dandy Fever - Ti estarás
09 Skacha - A ferro e lume
10 A Compañia do Ruido - Asentonoventa
11 Eclectica Emsamble - A fia
12 Avante Per Loca II
13 Presencia Zero - Definete
14 Che Sudaka - Cortáronche as ás
15 Skarnio - Raiba
16 La Pegatina - O camareiro
17 Fanny + Alexander - Lene
18 Piratas Urbanos - Galiza
19 GalegoZ - Nom quero ir fóra
20 Manu Chao - Contra o mundo
21 NonResidentz - Mistermundo
22 Os 3 Trebóns - Santa Liberdade
23 Festicultores Troupe - A cabra makabra
24 Lamatumbá - Desertor
25 Rumborrachera - Neno tesoira
26 Cuchufellos - Psilocibes



Como podes ver, neste proxecto participan varias persoas de Cerceda: compoñentes de Zënzar e de Presencia Zero, así como o baixista da Banda Potenkin (Anxo de Xermar para os amigos).

Este “colegueo” está a axudar moito ós plans da asociación, xa que se está comezando a falar de volver a organizar un festival de música no que participen varios artistas da Per Loca. Soa ven, a que si?

Como se di no cd: AVANTE TODA PER LOCA!!!