EL JARDINERO FIEL
"El Jardinero Fiel" é unha obra baseada na novela de John Le Carré.
Este filme, que conta a historia de amor entre Justin Gayle, un aburrido diplomático, e Tessa, unha importante activista, soterra a situación que se está a vivir en África a causa das farmacéuticas.
Tessa, que comeza a investigar as accións dunha importante farnacéutica en África, ten un "accidente" logo de elaborar un informe sobre a mesma.
Justin, atormentado pola morte da súa muller, comeza unha investigación na busca de respostas sbre qué facía a súa muller.
Pouco a pouco, e despois de diversas tramas, descobre que Tessa descubrira que esta farmacéútica estaba provando un tratamento na poboación africana contra unha perigosa enfermidade que prtendía propagar por todo o mundo para conseguir beneficios. Justin decide que ten que entregar o informe da súa muller a unha persoa que lle poida axudar, aínda que con isto perda a súa vida.
"El Jardinero Fiel" está inspirada na vida de Yvette Pierpaoli, unha activista de Refixiados Internacionais, organización que naceu en 1979 e que se adica a axudar a estas persoas.
Pierpaoli, moi amiga de Le Carré, intentou varias veces convencer ó seu amigo para que escribia unha novela que apoiara a súa causa.
A activista morreu en 1999, ós 60 anos, nun accidente de coche cando viaxaba de Albania a un campo de refuxiados de Kosovo. Dous días antes da súa morte, Le Carré viaxaba a Kenya para comezar a escribir esta novela, sen dúbida unha inmellorable obra póstuma á súa amiga.
A realidade é que, na actualidade, varias farmacéuticas experimentan en África, o continente abandonado, novos fármacos con xente. Este feito só está a ser denunciado por unha minoría, mentres que a maioría da xente vira a cabezacara outro lado para non velo. Por este motivo, esta película intenta arroxarnos un pouco de luz denunciando a extorsión global que o continente está sufrindo.
ESPERO LER AS VOSAS OPINIÓNS MOI PRONTO.
SE VOS INTERESA O TEMA vede algún texto de Stephen Sackurou o artigo "Farmacéuticas, antirretroviales, África y genéricos"
Aínda que escollín estes dous artigos, hai moito do que falar...




