Publicidad:
La Coctelera

Cultura sen Censura!

15 Marzo 2007

LA PESADILLA DE DARWIN (VERSIÓN BOA!)

A Pesadilla de Darwin é un documental feito polo director Hubert Sauper que recibiu un premio ó mellor documental europeo do 2004.

Unha posible sinopse deste traballo podería ser a dada na páxina http://labutaca.net/films/34/lapesadilladedarwin.htm, que máis ou menos, di isto:

“Na décda dos 60 unha nova especie animal é introducida no lago Victoria: a perca do Nilo, un voraz depredador que arrasou con toda especie animal que habitaba esas augas. Ademais, a súa rápida multiplicación deu lugar a unha potente industria multinacional que exporta os seus filetes por todo o mundo.

Enormes avións de carga da antiga Unión Soviética chegan a diario para recoller a última pesca, descargando a súa mercancía: Kalashnikovs e munición para as múltiples guerras que se están dando no interior do continente.

Esta explosiva alianza globalizada deu lugara unha estampa desoladora nas beiras do lago con Tanzania: un exército de pescadores locais, executivos financieiros internacionais, nenos sen casa, ministros africanos, comisarios europeos, prostitutas tanzanesas e pilotos rusos”.

Como digo, esta é unha posible sinopse desta crítica que Sauper fai da globalización. Aínda así, penso que para poder opinar sobre este tema, primeiro hai que desmenuzar pouco a pouco cada un dos temas que o documental trata, e a iso imos:

¨ O Lago Victoria, Tanzania e a perca do Nilo:

O Lago Victoria, situado no continente africano, conforma o lago tropical máis grande do mundo, con 68.000 quilómetros cadrados (para ilustrarvos, o equivalente a dúas veces a comunidade de Catalunya). A historia da perca do Nilo comezou a finais dos anos 50, cando un funcionario colonial relacionado co departamento de pesca de Tanzania, introduciu esta especie de maneira clandestina no lago. A sorpresa chegou pouco tempo despois. No lago había catalogados diferentes xéneros de peces dunhas 300 especies, que vivían en diversas prtes do lago nos denominados nichos ecolóxicos. Como ía dicindo, poucos anos despois da introducción da perca no lago, ésta xa se multiplicara dunha maneira asombrosa, extinguindo a unhas aproximadamente 210 especies que antes poboaban as augas do lago. Isto provocou, pola súa parte, a multiplicación das algas, a eutroficiación e a anoxia das profundidades do lago.


Nembergantes, como non hai mal que por ben non veña, a perca converteuse prontona especie máis capturada, impulsando o florecemento dunha industria privada de procesado e comercialización de filetes destinados, exclusivamente, á exportación, “ó mundo rico”.

Esta exportación lévase a cabo en vellos avións de mercancías da Unión Soviética, que recollen unhas 50 toneladas de peixe diarios. A cuestión á que se enfronta Sauper é: ¿os avións, veñen valeiros do 1º mundo ou traen algo?. Aquí comeza a súa investigación, para a cal entrevista a pilotos e cidadáns locais.

“Teñen que vir cargados de países occidentais e europeos. A maior parte da carga son armas son importadas polas zonas en guerra: Congo, Liberia, Sudán,…Así, despois de traer as armas a África, teñen que volver con pescado. É unha ganacia extra para os donos dos avións”. Di o director nunha entrevista, da cal se poden ler fragmentos, se vos interesa , na dirección: http://documentales.blogspot.com/2005/07/la-pesadilla-de-darwin.html


Tags: filmes

servido por asociacion-cultural-lucerna 2 comentarios compártelo

2 comentarios · Escribe aquí tu comentario

asociacion-cultural-lucerna

asociacion-cultural-lucerna dijo

bUENO, EU QUERÍA METER DIRECTAMENTE O VÍDEO NO BLOG, PERO PARECE QUE NON ME LEVO MOI BEN COAS NOVAS TECNOLOXÍAS...
INTENTAREINO DE NOVO...

15 Marzo 2007 | 01:45 PM

PERCA DO NILO

PERCA DO NILO dijo

Paréceme moi interesante o tema do documental.
A verdade é q o vin logo de ler o post e quedei abraiado!!!
É impresionante ata que punto estamos conectados económicamente, aínda que non nos demos conta. A historia q conta é moi dura, pero hai outras cen mil máis igual de malas.
Aconsello ver a serie de documentais "Voces Contra La Globalización", tamén falan deste tema, e de moitos máis.
Felicidades á rapaza do blog, malia mala relación q di ter coas novas tecnoloxías parece que isto vai adiante!!!
ata outra

17 Marzo 2007 | 05:33 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Somos os jreñudos, os drojaditos, os terroristas, os rojillos de Cerceda. Eses ós que non lle justa traballar, que tan todo o día fumando cousas raras e escoitando música inescoitable. Somos os axitadores dun pobo morto, dun territorio caciquil. Aquí sejimos, facendo cousas raras, por unha CULTURA SEN CENSURA! contador
contador BlogESfera Directorio de Blogs Hispanos - Agrega tu Blog
directorio de weblogs. bitadir
Rate me on Bloggoggle blogs

Fotos

asociacion-cultural-lucerna todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera