Paralelamente á exposición da historia desta asociación, vou ir anunciando os novos proxectos que está levando a cabo logo de ser retomada.
O primeiro deles é a proxección de películas documentais e curtas cada 15 días. Esta actividade abriuse o día 26 de xaneiro. Tivo lugar na aula cultural da biblioteca do Concello de Cerceda e puidose ver a curta "Os Crebinsky" seguida do documental "A Pesadilla de Darwin". Logo desta primeira proxección tivo lugar un debate.

Ós 15 días tivo lugar a seguinte proxección, coa curta "Revolución" e o filme "El Jardinero Fiel", seguido tamén dun debate.

O 23 de febreiro tivo lugar a que por agora foi a última proxección, formada pola curta "Banda Sonora Original" e o documental "Cruzando el puente: los sonidos de Estambul".
A próxima terá lugar o día 10 de marzo ás 8:30 da tarde. Este cambio débese á dificultade dalgunhas persoas para acudir o venres, que era o día fixado. Nesta ocasión, e con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o xoves 8, proxectarase a curta "Irene a Porteira" e o filme "Fuego".
O cartel aínda non está dispoñible, pero en canto poida subireino aquí. Dende a asociación esperamos que cada vez acuda máis xente, para que non se converta nunha actividade pechada ós membros da asociación.
Outra das actividades que estamos preparando é a grabación dunha curta en Cerceda. Para isto, buscamos actores/actrices, gionistas, cámaras...., que estén dispostos a traballar duro para sacar isto adiante.
Esta iniciativa está sendo levada a cabo por Bocixa, aprobeitando os seus contactos logo de grabar un documental sobre as Encrobas, "A ceo aberto, As Encrobas" (http://www.youtube.com/results?search_query=a+ceo+aberto-as+encrobas&search=Search
Se vos interesa este proxecto poñédevos en contacto coa asociación a través do blog, da miña dirección de correo ou de: www.aclucerna@gmail.com.
Outra das cousas que se están "cocendo" é a organización dun festival para setembro. Estase a barallar como unha posibilidade. Por agora só podo dicir que esta semana varios representantes da asociación, xunto coa presidenta da mesma, Emilia Bouzas Candal, foron a falar co noso querídísimo alcalde para presentarlle o proxecto (a ver se desta vez nos dá máis de 100.000 ptas!!!)
Seguireivos informando destas actividades.





Parece que o publicar o post a cor dos carteis trocou!!!O fondo tiña que ser branco!!!Sinto, foi un erro. Intentarei arranxalo canto antes.
Pois si, é certo que a cor de fondo dos carteis mudou de branco pa negro. O interesante, máis que a cor dos carteis é o primeiro documental que se proxectou: "La pesadilla de Darwin", vou deixar un link donde nos contan un pouco de que vai.
http://documentales.blogspot.com/2005/07/la-pesadilla-de-darwin.h...
Boas, parece que por fin chegan as novas tecnoloxías a Cerceda. Realmente xa me empezaba a preoucupar o feito de que no noso concello a xente non recurrise a este tipo de tecnoloxías para dar a coñecer o seu traballo, os seus pensamentos ou as súas inquedanzas.
Resulta gratificante que alguén o empeze a facer.
Ánimo e adiante.
Boas! Moi bo o documental "La pesadilla de Darwin". A ver cando vaiamos comprar o peixe se nos fixamos un pouco, non vaia ser que cheguemos a casa con "percas do Nilo", aínda que dito así pode parecer unha coña eu opino que se todos nos fixaramos á hora de facer a compra do que metemos na nosa cesta (onde se fabrica, quen o comercializa...) igual se podería conseguir que pouco a pouco foran mellorando as vidas de moita xente agora explotada, masacrada... Claro que xa está o dito: O peixe grande sempre come ó pequeno.