Publicidad:
La Coctelera

Cultura sen Censura!

23 Febrero 2007

LIMIAR OU INTENCIÓNS

Primeiramente, e para botar a andar, gustaríame esclarecer as intencións, por denominalo dalgunha maneira, deste blog.
Con él, non só eu, senón moita xente que me apoiou e me apoia no meu propósito, pretendemos dar a coñecer a nosa asociación, máis aló de que se converta nunha bitácora pechada a socios.

Queremos, a través deste soporte, darnos a coñecer na rede, con esperanzas de que alguén nos "descobra" e decida participar tamén neste proxecto, aportando o que queira e vexa preciso.
Primeiramente, nos próximos apartados, falaremos das orixes desta peculiar asociación, non sen antes contextualizala en Cerceda, un pobo tamén un tanto peculiar, como veremos máis adiante...

Logo disto, falaremos de tódalas actividades que se fixeron e, especialmente, dos festivais rock-folk que se viñeron organizando dende que eu levaba cueiros.

Paralelamente, informaremos das actividades que estamos a organizar, esperando máis propostas, ó igual que se poderán abrir debates sobre calquer tema que consideremos interesante.

Outra proposta que fixo Bocixa( para quen o coñeza) foi facer un apartado para anéctodas acontecidas na asociación durante a súa longa andaina. Para isto abrirei próximamente un apartado.
Por agora, estas son as nosas intencións: crear un espazo informativo no que todo o mundo poida participar e facer suxerencias, para que Lucerna medre, e nós con ela.

Tags: proxectos

servido por asociacion-cultural-lucerna sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Los comentarios están cerrados


Sobre mí

Somos os jreñudos, os drojaditos, os terroristas, os rojillos de Cerceda. Eses ós que non lle justa traballar, que tan todo o día fumando cousas raras e escoitando música inescoitable. Somos os axitadores dun pobo morto, dun territorio caciquil. Aquí sejimos, facendo cousas raras, por unha CULTURA SEN CENSURA! contador
contador BlogESfera Directorio de Blogs Hispanos - Agrega tu Blog
directorio de weblogs. bitadir
Rate me on Bloggoggle blogs

Fotos

asociacion-cultural-lucerna todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera