Publicidad:
La Coctelera

ENTROIDO DE LUCERNA

Ímonos a Barcelona!

si, si, a Barcelona.

Logo da máis que grata experiencia vivida o ano pasado entre Lucerna e varios colectivos cataláns que se desprazaron a Cerceda para axudarnos a organizar e celebrar a Gresca, este ano tócanos a nós!

Así, o primeiro fin de semá de Outubro terá lugar a Foliada, á que acudiremos os "lucerneiros" con gana de festa e colaboración.

Este é o cartaz provisional da Foliada, por se alguén se anima...

Brincadeira

Este fin de semana celebrarase a 2ª edición do Festival Brincadeira, que amplía a súa duración de un día a dous.

O cartel está cheo de grupos coñecidos, o que suma atractivo ó feito de que sexa de balde!

Este ano, o Brincadeira promete...

A nova maneira de ser famos@...

Cory Kennedy, 15 anos, modelo e celebrity.

Esta adolescente americana representa unha nova maneira de ser famosa, que creou polémica en medio mundo.

Todo comezou cando Cory, natural de California, acudiu a un concerto dos Blood Brothers, onde coñeceu a un fotógrafo de renome na noite máis cool dos Ánxeles, apodado The Cobra Snake (http://www.thecobrasnake.com/partyphotos.html ). El sacoulle unhas fotos para colgalas no seu space e os seus asiduos pediron máis.

Dende aquel momento Cory comezou a asistir xunto o fotógrafo, que se converteu na súa parella aínda que tiña case seis anos máis ca ela, a tódalas festas máis cool. Grazas ós contactos que conseguiu comezou a realizar traballos como modelo, incluso foi portada en distintas publicacións.

Así, Cory converteuse nun fenómeno de Internet, contando con MySpace propio, varios Fotologs e Blogs. Como era de esperar, as revistas de moda comezaron a falar dela, dándolle títulos como Heroin Chic ou Freak.

Mentres que Cory vivía allea a toda a polémica que estaba levantando de festa en festa, os seus fans e enimigos aumentaron de maneira espectacular.

E, por fin, seus pais enteráronse de que a súa filla de xa 16 anos, pasara un "ano sabático" sendo o manikí dos saraos máis cool de California, que viaxara por medio país de festa en festa e tamén parte de Europa. Pronto decidiron tomar medidas, logo de ver algunhas fotografías da súa filla fumando, bebendo, bailando desenfrenadamente nun local neoiorquino, ou coas súas "amigas", entre as que destacan Paris Hilton ou Kelly Obsbourne.

Actualmente Cory está internada nun colexio para adolescentes con problemas emocionais, desintoxicándose e con acceso restrinxido ó teléfono ou a Internet.

Para moitos adolescentes do mundo Cory segue sendo un ídolo e un exemplo a seguir.

Para os coolhunters todo un descubrimento, pois nunca viran a unha rapariga de 15 anos con tantos Louis Vuitton no armario.

Para a "xente guapa" de California é unha colega de festas interminables.

Pero, realmente non é máis que un xoguete roto, unha rapaza que é famosa por ir de festa, beber e fumar (todo isto debidamente documentado con milleiros de fotos).

Aínda que Cory foi e segue sendo un fenómeno nos Fotolog, MySpace, Youtube, etc...

...realmente merece a pena ser famos@ por esta maneira de vivir¿?

Nunca tal cousa se viu!

O lema do Festigal deste ano pretende superar ó do ano pasado...

...está por ver se o consegue...

24 e 25 de xullo no Campus Sur de Compostela...

Boa música, bo ambiente e cultura sen censura...todo de balde!

...menos a birra, iso corre á conta do peto de cada ún.


XIRA DE MACHINA

Velaí o cartel da xira de Machina.

A xirar moito!

VIVAMOS COMO GALEGOS?

Este é o famoso anuncio de Gadis, que adica ós galegos, pero...vivimos así?

<Riquiño>

<Bueno...>

<Choiva>

<¿Que?>

Estes son algúns dos clichés que usan para crear este anuncio que, pretendendo ser unha apoloxía da cultura galega máis pura, se queda nun esteeotipo, na miña opinión un tanto ofensivo.

Está claro que temos un xeito de ve-la vida que ninguén máis ten, e que as nosas costumes e tradicións son únicas, pero este anuncio, que aburre pola súa duración, quédase curto se pretende dar unha imaxe do que é Galiza.

¿Non vos parece un estereotipo máis que en vez de ensalzar a figura do galego non fai máis que fortificar a imaxe estranxeira do que é un "tipical galego"?

MAGOSTO LUCERNEIRO

Creíades que Lucerna quedara esgotada despois da Gresca? Pois NON!

Estamos a organizar unha nova actividade: un magosto tradicional. Aínda estamos barallando ideas para a súa organización, pero pódese adiantar que comezará con roteiro para a recollida de castañas e rematará cun verdadeiro magosto.

Haberá actividades durante todo o día: dende a recollida de castañas ata a súa preparación.

Esperamos contar con xente de tódalas idades e celebralo todos xuntos.

Seguro que o pasaremos moi ben!

*En canto teñamos a data e o programa, farémosvolo saber!

ALA, A COMER MOITAS CASTAÑAS!